jueves, 3 de diciembre de 2015

PLANTANDO BRASICÁCEAS

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º fomos traballar no noso horto. Estivemos plantando coles, coliflores e brócolis en tres sucos ben dereitiños. 

Costounos moito sachar para preparar o terreo, pero ao final quedounos moi pero que moi ben. Separamos as plantas entre elas a distancia dun paso grande, para que teñan espacio suficiente para medrar e logo regamos. Agora toca agardar para poder cociñalas no cole!

Aquí vos deixamos un vídeo que resume o traballo realizado en equipo.



1 comentario: