viernes, 19 de diciembre de 2014

A árbore dos desexos

XA TEMOS GAÑADORA DO CONCURSO "O MEU HORTO IDEAL"!

Este mes de novembro os alumnos do noso centro participaron nun concurso de debuxo para atopar a cabeceira do noso blogue.
A primeira semana de decembro realizamos as votacións e xa temos gañadora.  
Noraboa, Eva Salgueiro Gómez!!

domingo, 14 de diciembre de 2014

UNHA ÁRBORE COLABORATIVA E MOI BARATA!

Queredes saber o que estivemos facendo este mes no noso cole? 
Traballamos moito, en colaboración, para elaborar esta magnífica árbore de Nadal! Precisamos xuntar moito material para reutilizalo, pero o esforzo pagou a pena. 

Podedes facelo tamén nas vosas casas (aínda que non tan grande). Mirade o que precisades!

Para a árbore:
- Rolos de cartón do papel hixiénico ou do papel de cociña (estes hai que cortalos)
- Cola branca
- Cartón (para as bases)
- Spray de cor verde

Para as bólas:
- Papel de aluminio
- Papel celofán de cores

Aquí vos deixamos un vídeo con todas as fotos, de todos os nenos e nenas do cole, facendo este traballo tan especial e que tanto gustou a todos.


BO NADAL!


jueves, 4 de diciembre de 2014

PECES DE PLÁSTICO


Hoxe, aproveitando unha saída ao teatro en Vigo, fomos visitar a exposición Peces de plástico, que está no Museo das Illas Atlánticas.
Alí piudemos ver obras de Wolfgang Trettnak, todas elas feitas con lixo recollidos das prais e dos mares.
Había cadros para todos os gustos, escuros e coloridos, e tamén algún móbil e un par de bandas deseñadas sobre o problema da contaminación das nosas augas.
O alumnado quedou abraiado pola creatividade do artista, pero tamén pola cantidade de residuos que deixamos atrás os humanos nas costas...

Aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos cadros que tanto e tan ben fixeron reflexionar aos nosos pequenos. Se tedes a ocasión, non deixedes de ir!



martes, 2 de diciembre de 2014

APRENDENCO CON JOSÉ E ÁLVARO, DE SEPRONA

Hoxe tivemos no cole a dous membros do SEPRONA (SErvicio PROtección NAtureza), José e Álvaro, para falarnos do traballo que fan. Esta visita foi posible grazas a un acordo de colaboración entre o Programa Voz Natura e este corpo da Guardia Civil.

Repartimos a mañana en tres sesións, para que todos os alumnos do Centro puidesen coñecer de primeira man o que tiñan que contarnos:





- Cos máis pequenos, Educación Infantil, comezaron cunha brevísima charla sobre o que fan para protexer a natureza e, a continuación, traballaron situacións de incendio a partir dunha banda deseñada.








Despois, por grupos, baixaron a ver o coche patrulla. Deixáronlles subir nel e facer soar a serea. 
Finalmente, amosáronlles as súas ferramentas de traballo diarias: esposas, luvas para recoller animais...



- De 1º a 3º de educación Primaria tamén fixeron a charla e traballaron a partir da banda deseñada, pero a segunda parte da sesión dedicárona a facer xogos para poñer a proba o que os alumnos aprenderan: sopas de letras, concursos de preguntas...






- De 4º a 6º de educación Primaria, despois de escoitar a través dunha presentación e de varios vídeos o traballo que fan nos diversos campos nos que actúan (incendios forestais, proteción da fauna, vixilancia de costas, ordenación do territorio...) abriuse unha ronda de preguntas que se alargou durante case unha hora.


Ao rematar, a aula de 5 anos agasallou aos dous axentes cunha postal moi especial feita por eles.


Eles quedaron moi con tentos e nós... encantados!