lunes, 19 de junio de 2023

Roliños de primavera

  Hoxe baixamos á horta e recoller a colleita de leitugas e preparamos uns roliños de primavera. A receita é moi sinxela, só temos que lavar ben as follas das leitugas e logo engadimos o queixo e o xamón ou pavo. Estaban moi ricos!


Leitugas e tomates da horta!

Premer na imaxe para visualizar!




lunes, 5 de junio de 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O luns, 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. Foi un día especial, as afilladas e os afillados lectores de 3 anos, coa axuda dos padriños e das madriñas de terceiro, plantamos unha árbore froiteira no patio do colexio. Este ano a árbore que plantamos foi un aguacate, orixinaria de América Central que dá uns froitos con casca verde e polpa moi nutritiva e aceitosa que son moi ricos en ensalada. 

    O alumnado do centro realizou unha recollida de lixo no patio do colexio e ao finalizar viñeron ver a árbore que plantaron os nenos e as nenas de 3 anos. 


5 de xuño, Día do Medio Ambiente!

Premer para visualizar!





martes, 9 de mayo de 2023

ACELGAS E PORROS

    Esta semana estivemos a traballar na horta, preparamos a terra, arrincamos malas herbas, plantamos acelgas e porros, regamos a terra ...

    

Día de faena!




jueves, 4 de mayo de 2023

Imos á horta

       Hoxe toca horta, imos arrincar malas herbas, preparar a terra, plantar leitugas e tomates, regar e revisar o caracol das oromáticas. Canta tarefa por facer!

  

Temos que regar ben a terra!








viernes, 25 de noviembre de 2022

Sementando pensamentos

    O equipo de dinamización da lingua galega propuxo unha actividade moi interesante que xorde a partir dun poema de Rosalía de Castro.

    Acordamos sementar pensamentos para decorar o cole na primavera. Os padriños axudaron aos afillados e entre tod@s fixemos moitos sementeiros. Esperemos que medren axiña!


"Collín toxos e frores ... e pensamentos, palabras amorosas que leva o vento"






viernes, 14 de octubre de 2022

Caracol de herbas aromáticas

    Este venres baixamos á "Nosa horta" para plantar menta e incenso no Caracol das aromáticas. Unha vez alí, aproveitamos para arrincar alguhas malas herbas, podar o fiuncho e botarlle compost á terra do caracol.


Caracol de herbas aromáticas!


Así de bonito quedou o Caracol das herbas aromáticas!





martes, 14 de junio de 2022

ROLIÑOS DE PRIMAVERA

   Esta semana preparamos uns roliños de primavera con xamón, queixo e leituga do invernadoiro.

Despois de plantar, regar, arrincar malas herbas e mimar as legumes que temos na horta chegou a hora da colleita. Neste caso recollemos as leitugas para facer uns roliños de primavera e unhas "brochetas" moi apetitosas.


Amorodos, tomates e leitugas do invernadoiro!

Premer na imaxe para visualizar!