martes, 30 de septiembre de 2014

PREPARANDO A TERRA

O venres 3 de outubro veu ao colexio Antonio Álvarez, o pai dunha alumna de 6º curso, para botarnos unha man coa preparación da parcela.
Trouxo o seu tractor co arado para remover a terra, pois de usala como campo de fútbol durante tantos anos estaba moi dura!
Nós encargámonos de limpar a zona antes de comezar, e el deixouna case lista para plantar cousiñas ricas. Podedes ver na seguinte ligazón a montaxe coas fotos… Menudo cambio!

Preparando a terra from librincios on Vimeo.

lunes, 29 de septiembre de 2014

DECORAMOS OS NOSOS PERCHEIROS

Todo comezou cando no noso rincón do proxecto apareceu unha película dos "Fruitis".
Estivemos investigando qué era, quén aparecía, qué lles pasaban as personaxes...?
Aquí deixamos o resultado da actividade

viernes, 26 de septiembre de 2014

VENDIMANDO NO COLE

Os nenos e nenas de Infantil traballaron unha das tradicións máis fermosas da nosa terra: a vendima.
Coa axuda dos maiores, que ataron os acios ás cordas, as profes prepararon o terreo; fixeron unha autentica viña!
Os máis pequenos gozaron cortando e pisando as uvas e probando o mosto que eles mesmos elaboraron. 
Mirade que actividade tan completa e marabillosa :)


TOMANDO MEDIDAS

Os alumnos de 4º fomos os encargados de medir e marcar a parcela destinada ao horto.
Aprendemos primeiro a tomar medidas e a calcular áreas de cadrados e rectángulos, a través de actividades prácticas, e aplicamos máis tarde os coñecementos adquiridos para marcar unha parcela de 11×11 metros nunha esquina do patio do colexio.


Tomando medidas from librincios on Vimeo.

PRESENTÁMONOS

Ola a todos!
Somos un cole público do Concello de Gondomar, moi preto de Vigo, e este ano comezamos con moitas ganas a nosa aventura en Voz Natura.

Sabedes que é o que estamos mirando tan atentos? Mirade a seguinte entrada!