lunes, 27 de abril de 2015

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

O martes, despois do recreo, asistimos a un obradoiro mediambiental a cargo de dous naturalistas, Anxo e Damián, que viñan contratados polo Concello de Gondomar (quen patrocinou a actividade).

Primeiro, faláronnos da importancia de respectar e de coñecer o noso medio máis próximo, o río Zamáns, a través dunha presentación.

Despois, vimos algúns vídeos sobre o comportamento das especies que habitan nos ríos e nas lagoas: patos, aguias, picapeixes...

Finalmente, e isto foi o que máis nos gustou, camiñamos ata a ribeira do río e alí aprendemos a diferenciar a especies de árbores que hai pola forma das súas follas e dos seus froitos. Toda a información a anotamos no caderno de campo que eles nos proporcionaron.

Aquí vos deixamos unhas fotos desta bonita actividade!

Recibindo explicaciones para cubrir o caderno de campo

aprendendo a distinguir as árbores pola forma das súas follas

Que será o que hai dentro deste froito?

MEDIMOS OS UTENSILIOS

Hoxe os nenos de 5 anos puséronse a medir os utensilios que empregamos para plantar os tomates.
Mirade qué ben o fixeron:

martes, 21 de abril de 2015

XA TEMOS TOMATES NO HORTO!

Hoxe estivemos trasplantando tomates
A profe mercounos a fin de semana na feira de Bouzas porque os nosos sementeiros non sobreviviron ás plagas... A ver se os nenos e nenas de Infantil o conseguen!
Aquí vos deixamos o traballo de hoxe:

Preparando o suco

Alisando a zona para os tomates

Telmo e Iker facendo o buraco

Gabriel, Anais, Yeneba e Tania plantando os tomates

Martín e Eva plantando un tomate

domingo, 19 de abril de 2015

XIRASOIS


Os pequenos de 5 anos comezamos o trimestre probando as pipas e experimentando con elas. Pasámolo xenial plantándo de novo no noso horto
Nesta actividade estivemos investigando ónde xerminarían antes as sementes de pipas en semilleiros ou en macetas. Aiquí vos deixamos as nosas conclusións



jueves, 16 de abril de 2015

OUTRA SESIÓN DE CONTOS CON CONCIENCIA

Hoxe Aida, Ruth e Ángela de 5º, coa colaboración de Tania, fixeron rir a esgalla aos alumnos de E.I. e de 1º co texto tan gracioso deste conto que encadeaba un animaliño tras outro para atopar o causante do problema. 
Porque... se falta un animal na cadea... os demais van ter problemas!

Gustoulles  tanto a  interpretación  aos nenos e nenas que as contistas tiveron que facer un "bis" e, aínda así,  os pequenos marcharon  para as súas clases berrando: Outra vez!

Parabéns rapazas polo bo traballo!

viernes, 10 de abril de 2015

SEMENTANDO PEPINOS E CABAZAS

Seguimos a traballar na horta: arrincar herbas, cubrir o invernadoiro, preparar a terra, sementar, regar...
Mirade todo o que fixemos estes días :)

jueves, 9 de abril de 2015

MÁIS PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O HORTO ESCOLAR

O venres 27 de marzo tivo lugar a segunda sesión de exposicións dos proxectos de investigagción adicados ao tema deste ano: Pouquiño a pouco creamos o noso horto.

Os primeiro foron os alumnos de , que falaron sobre as plantas: ciclo de crecemento, partes, tipos (segundo o tamaño)... e, para rematar, contáronnos o importante que é comer verduras cunha fermosa canción.


Despois tocoulles aos nenos de 5 anos, que nos ensinaron a creatividade vexetal que traballaron ao longo do curso. A partir do conto Que tal vexetal? comezou a súa investigacións, chegando ata América e os alimentos que de alí viñeron...


Para rematar, os máis pequenos do cole, os de 3 anos, amosaron todo o seu traballo a través dun marabilloso vídeo. A verdade é que quedamos abraiados con todo o que aprenderon sobre o millo: como plantalo, os tipos que hai, onde de garda, como se fai a fariña...

miércoles, 8 de abril de 2015

PORROS, DA HORTA Á MESA

Os alumnos e a profe de 4º, axudados pola nai de Tania, cociñamos unha rica purrusalda (tamén chamada crema de pobre) cos porros que plantamos en outubro e coidamos ao longo destes meses.
A verdade que esta actividade foi moi completa, pois se traballan moitos contidos e os nenos aprenden a valorar o esfrozo persoal e o traballo en grupo.

Aquí vos deixamos un vídeo con todo o proceso: plantar (outubro), coidar (decembro e febreiro), recoller (abril) e cocinar (abril).


FLORECEN OS TULIPÁNS

Chegou a primavera e a volta das vacacións atopamos os tulipáns con flor.
Esperamos que vaian florecendo o que resta do mes e como queremos ter novos tulipáns a próxima primavera, esperaremos a que sequen os talos e as follas antes de retirar os bulbos e incentivar así, coa espera, a formación de bulbiños pequenos para ter máis bulbos que plantar .
Cando os desenterremos, gardarémolos nun lugar seco ata o outono.
A que se nos ve contentos coas nosas plantiñas ?

ARCIMBOLDO

Investigando, investigando... os nenos de 5 anos atoparon un cadro moi interesante :


Nel atopamos: leitugas, cabazas, uvas... e decidimos representalo nós na aula e darlle o nose toque especial, Aquí vos deixamos a experiencia:

martes, 7 de abril de 2015

TRABALLANDO DURO TRAS AS VACACIÓNS

Como estivemos dez días de vacacións, ao voltar hoxe ao cole fomos botar un vistazo ao noso horto e... canto traballo por facer!
Alí estivemos a maior parte da mañá limpando as malas herbas, preparando os regos, regando, trasplantando algúns sementeiros... 
Mirade todas as labores que fixemos:

Alumnos de 4º traballando no horto

Eva e gabriel preparan o rego dos chícharos

Tania e Noa botando a herba recollida no composteiro

Telmo e Ana trasplantando as leitugas do sementeiro ao suco

Yeneba e Paula regando os chícharos

Nair, Anais e Diego limpando o terreo de malas herbas

Eva e Ana preparando as cañas para espantar aos paxaros e protexer os amorodos