miércoles, 25 de marzo de 2015

SEMENTANDO AZAFRÁN

As nenas e nenos de 3º sementamos azafrán silvestre na horta.
Preparamos a terra e enterramos as sementes. Había humidade, pero a semana que ven iremos a regar.  Como serán as flores? Temos que esperar para velas!

TRANSPLANTANDO CEBOLAS

Os nenos de 4º, en colaboración cos seus afillados, transplantaron as cebolas que tiñan nos sementeiros, pois chegan pronto as vacacións e precisabamos poñelas no surco.
Con moito agarimo e paciencia, sacaron as plantiñas do sementeiro e puxéronas no surco. Mirade de ben o fixeron!

Noa sacando o sementeiro de cebolas do invernadoiro

Noa facendo os buratos para poñer as cebolas

Paula, Noa e a profe explicando aos máis pequenos o que tiñan que facer

Tania axudando a Xavi a plantar a cebola

Noa e Xavi traballando xuntos

martes, 24 de marzo de 2015

PADRIÑOS E AFILLADOS TRABALLANDO XUNTOS NA HORTA

Aquí vos deixamos as fotos do duro traballo dos nenos e nenas de 4º e de 4 anos que, xuntos, transplantaron os rabaniños que os máis pequenos tiñan na clase.
Os maiores fixeron os surco e prepararon a terra e os pequenos, cun chisco de axuda, plantaron os rabaniños e regaron.
Agora só temos que agardar a que medren para comelos!

lunes, 23 de marzo de 2015

A HORTA DE MARTÍN

Hoxe, Martín de 4º chegou a clase cun vídeo-reportaxe gravado por el mesmo sobre a horta que está a facer na súa casa cos seus avós.
Prestádelle moita atención porque é unha marabilla!
A verdade que estas cousiñas son as que fan pensar que estamos a facer un bo traballo, pois eles están motivados e interésalles o tema :)

Gracias Martín por compartir con nós este traballo, eres un sol!


viernes, 20 de marzo de 2015

CONTOS CON CONCIENCIA, TAMÉN NO DÍA DA POESÍA

Como todo este ano está relacionado co proxecto do noso horto, non ía ser meno o mes que a nosa Biblioteca adica á poesía.
No recuncho preparado na entrada para recitar poesía cada día na Hora de ler, a profe Irene leu un conto rimado titulado El abuelo Opoto, en colaboración cos alumnos de 4º, no que se fala da importancia de coidar o hábitat dos animais en perigo de extinción.
A verdade que este Ciclo de Contos con conciencia está dando moito de si!

Aquí vos deixamos a hitoria, para que non vos esquezades de que, cando teñades un problema e pensedes que non ten solución... "encontrarás la manera, ¡Si usus la imaginación!

jueves, 19 de marzo de 2015

PLANTANDO LEITUGAS

Os nenos/as de 1º plantaron hoxe as leitugas que tiñan nos sementeiros.

Despois de sementar, regar e volver a sementar porque non xerminaba nada ... por fin puidemos plantar algo na horta!
E... así de contentos estaban!


lunes, 16 de marzo de 2015

SEMENTANDO AZAFRÁN

A semana pasada as nenas e nenos de 3º sementamos azafrán silvestre na horta.
Preparamos a terra e enterramos as sementes. Como estaba ben húmido, non voltaremos regar ata a semana que ven.  
Como serán as flores?   Temos que agardar un tempo!


viernes, 13 de marzo de 2015

COCIÑANDO E SEMENTANDO BERENXENA

Os nenos e nenas de 2º, antes de facer os sementeiros de berenxena, aprenderon a facer unha receita con ela como actividade de motivación: Berenxenas receheas.
Aquí vos deixamos un vídeo de fotos deles... coas mans na masa!



E aquí tedes as fotos do día que baixaron ao horto!








Agora toca agardar que as sementes xerminen!



miércoles, 11 de marzo de 2015

DA HORTA Á MESA

Queremos compartir con vós esta actividade tan bonita e enriquecedora que fixemos na aula de 4º.
Levamos traballando no horto do cole dende o mes de outubro, época na que plantamos brócoli (entre outras cousas).
Dende entón, os alumnos e alumnas adicaron moito tempo e esforzo a coidalo e protexelo dos bichiños da horta e a estudiar o seu ciclo de cultivo e as súas propiedades nutricionais.

Ao longo deste tempo foron moitas as aprendizaxes e as competencias traballadas: responsabilidade, traballo en equipo, autonomía, paciencia, épocas de cultivo do brócoli, plagas que poden afectalo, ciclo da planta (quedaron abraiados co nacemento da flor, que é o que comemos), necesidades e coidados, propiedades nutricionais...

O broche final non podía ser outro que levar o producto á cociña e degustalo xuntos, e así o fixemos.
Hoxe fomos coller os brócolis do horto e fomos a aula de cociña para preparar unhas deliciosas quiches de brócoli e avellanas.
Durante o proceso de elaboración divertímonos moito, pero tamén aprendemos matemáticas (cos pesos e medidas dos ingredientes), lingua (escribindo a receita para levar a casa), coñecemento do medio (repasando os nutrientes que nos aporta cada ingrediente)...

Como vedes, foi unha actividade ben completa! Premede na imaxe para ver o vídeo :)


viernes, 6 de marzo de 2015

SEMENTANDO CENORIAS

Costounos un pouco, pois tivemos que sachar moito e deixar a terra ben limpa (de pedras) para poder sementar as cenorias.
Este foi o proceso:

1º. Levantamos unha zona do terreo coa axuda do sacho e o anciño, para ter unha terra esponxosa.

2º. Limpamos a zona de pedras, para conseguir unha terra fina.

3º. Botamos as sementes.

4º. Regamos.

jueves, 5 de marzo de 2015

INVERNADOIRO PARA OS SEMENTEIROS

Como estes días está facendo moi bo tempo, todos os cursos comezaron cos sementeiros das hortalizas que se plantan en primavera: tomates, cebolas, berexenas, calabacines...
Nós, para combater os fríos nocturnos, estivemos construíndo un invernadoiro no que poder colocar todos eses sementeiros ata que medren para transplantalos.
Premede na imaxe para ver o vídeo e mirade que ben nos quedou!