lunes, 29 de febrero de 2016

INVERNADOIRO DE PREMIO!

Xa está listo o noso invernadoiro, no que invertimos parte do premio Voz Natura que gañamos o curso pasado. Temos case 35 m2 a cuberto para os nosos cultivos!
Agora nos toca preparar a terra con abono de cabalo e agardar a que medren un pouquiño máis os sementeiros para comezar a transplantar as berenxenas, os pementos, os tomates, os pepinos, as leitugas...



Tamén arranxamos o noso cuarto de apeiros, no que gardamos os sachos, os anciños, as pas, os capachos, as aixadas... Quedou bonito por fóra e moi organizado por dentro. O noso conserxe axudounos un montón!


Se alguén se anima, pode vir botarnos unha man cando queira!

OBRADOIRO DE DECORACIÓN

Os alumnos de Infantil, comezaron esta semana a preparar os elementos do seu xardín interior. Para realizar a actividade plantexáronse uns obradoiros nos que: 
- Xogaron coa arte 
- Decoraron materiais de refugallo e tarros 
- Experimentaron coas hortalizas

Aquí vos deixamos un video do seu traballo:


martes, 16 de febrero de 2016

LIMPANDO A PRAIA DE PATOS

Menudo equipazo!


Hoxe, os alumnos de 3º e 4º aproveitamos unha visita á Residencia de Tempo Libre de Patos para achegarnos á praia de Patos (Nigrán) e limpala. 
Adicamos case unha hora a facer a batida e recollimos moitísimo lixo que o temporal destes días arrastrou á costa. Enchemos seis bolsas!
Ademais de gozar do sol deste día radiante e pasalo ben traballando en equipo, gustounos colaborar no mantemento das nosas praias, pois son as máis fermosas do mundo!






Gracias chicos pola vosa colaboración!

lunes, 15 de febrero de 2016

SEMENTANDO... CON JUAN

Estes días tivemos unha visita moi especial no cole. Veu un ex-porfe moi querido por todos a facer con nós os sementeiros que imos plantar no noso novo invernadoiro e, de paso, a lembrar vellos tempos. Chámase Juan.


Trouxo as súas propias sementes de tomate, cabaza, pemento, xudías... porque el ten un pequeno horto e gusta moito de coidalo. Como ben di: "As cousiñas da casa saben moito mellor".


Nós mercamos as sementes do resto de plantas, para ter un pouco de todo no noso horto: leituga, pepino, berenxena e calabacín.



Todos nós tiñamos preparados vasiños de iogur cun buraco no fondo e terra.
El pasou por todas as aulas, dende os grandes ata os pequenos, indicándonos e axudandonos a sementar cada variedade e dándonos consellos sobre como regalas ata que as transplantemos.
"El chico de las semillas", como lle puxeron os máis pequenos, fixo un traballo excelente e... démoslle un pequeno agasallo para agradecerllo!


Que guapo vai estar coa súa nova camiseta!