miércoles, 19 de octubre de 2016

ADECENTANDO ESPAZOS

Continuamos este curso  " Enchendo de vida o cole" co obxectivo de colaborar  entre todos para que o noso Centro sexa un espazo cada vez máis agradable a vista  e cheo de cor.

Esta vez acordamos adecentar a baixada de acceso ao cole e coa axuda de Marcos que colocou os bloques, todas as clases estamos plantando neles todo tipo de plantas de exterior.


Os nenos/as de 1º plantamos xeranios e cintas e ainda que nos deu algo de traballo encher de terra todos os ocos que tíñamos asinados , ao remate ... todos satisfeitos !



viernes, 7 de octubre de 2016

UN NOVO ESPAZO PARA ENCHER DE VIDA

Continuando o traballo que comezamos o ano pasado dentro do programa Voz Natura, este curso seguimos a encher de vida o noso cole.
Na baixada ao Centro, o noso querido Marcos colocou uns bloques que delimitan a zona pola que circulan os peóns, e a nós tócanos enchelos de plantas para que queden máis bonitos.
Cada aula elixirá as plantas que desexa poñer e, entre todos, imos deixalo precioso.

hoxe comezaron a tarefa os alumnos de 4º, que plantaron escallos de xeranios e margaridas.
Aquí podedes velos en plena faena e ao rematala... Que contentos!





martes, 4 de octubre de 2016

APRENDENDO MÁIS SOBRE A XESTIÓN DE RESIDUOS

Hoxe veu ao cole un traballador do Grupo Soil para contarnos como se xestionan os residuos que xeneramos nos nosos fogares. 

Pedro foi o encargado de dar a charla sobre os residuos

Primeiro explicounos que hai catro xeitos principais de facer a separación: os contenedores, a compostaxe, o punto limpo e os vertedoiros. A partir de ahí, contounos o mellor xeito de facer a separación dende os nosos foares.

Recordamos o que hai que botar en cada contenedor.

Aprendendo a separar na casa

- Falamos sobre a compostaxe (ainda que nós xa sabemos moito pois dende hai dous anos temos un composteiro no cole que produce abono para o noso horto). Nico explicou moi ben que se pode e que non se pode botar no composteiro.

Nico falando sobre a compostaxe

- Aprendemos que no punto limpo recollen todo tipo de residuos.



- Falamos sobre os problemas dos vertedoiros incontrolados e sobre a importancia de rehabilitar os vertedeiros unha vez estén cheos.



Para rematar, xogamos a clasificar residuos. Pedro quería comprobar o atentos que estivemos!



AGORA XA NON TEMOS EXCUSA PARA COLABORAR NA BOA SAÚDE SO NOSO PLANETA!