jueves, 30 de octubre de 2014

MENUDO SAMAÍN

O 30 de outubro celebramos no cole o día de Samaín, xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Seguro que foi o día do curso no que pasamos máis medo!
Cada alumno trouxo ao cole unha CESTA e unha CABAZA SUPERTERRORÍFICA, UHHHHHHHHHHH!

  • Primeiro, visitamos o escenario da sala de usos múltiples transformado na habitación da nena de Monstruos S.A., onde colocamos todas as cabazas e intentamos localizar obxectos escondidos entre elas. Todo isto, coas luces acendidas.
  • Os alumnos de 6º meteron moito medo no corpo a todo o cole, xa que viñeron disfrazados a buscarnos polas aulas, agás aos máis pequeniños.
  • Acudimos outra vez, pero coas luces apagadas, para observar as cabazas no seu estado máis TERRORÍFICO....
Todo isto foi posible grazas a colaboración das familias.

martes, 28 de octubre de 2014

SEMENTANDO CHÍCHAROS

Hoxe adicamos un tempo da mañá facer un sementeiro de chícharos paso a paso.

1º - Enchemos de terra os sementeiros.


2º - Fixemos un buraco para meter un chícharo en cada un.


3º - Metemos o chícharo no buraco.


4º - Engadimos un pouquiño de humus de lombriz.


5º - Regamos.


Agora toca ter paciencia e agardar!


lunes, 27 de octubre de 2014

HORTICAIXA DE 1º

Os alumnos/as de 1º xa remataron a súa "horticaixa" para os utensilios do horto. Pintárona, pegáronlle produtos que se obteñen no horto e... así de bonita lles quedou!

viernes, 24 de octubre de 2014

OS ALUMNOS DE 2º PLANTAN COLIFLOR

Hoxe foron os alumnos de 2º os que baixaron a traballar no horto.
Plantaron coliflor con moito xeito!











miércoles, 22 de octubre de 2014

ACTIVIDADE LIM: UN HUERTO ESCOLAR

Aquí vos deixamos unha ligazón a unha actividade creada por Voz Natura para que os máis pequenos aprendan e se divirtan ao mesmo tempo!

http://www.chiscos.net/xestor/chs/evainfantil/LIM%20HUERTO%20ESCOLAR/huerto_completo.html


PREPARANDO UN ALCOUBE DE GRELOS

Os nenos e nenas de 5º sementaron coa súa profe un alcouve de grelos nunha esquina do horto. Prepararon máis ou menos un metro cadrado de terra para facelo e, entre todos, botaron as sementes.

Preparando a terra

Aproveitaron para quitar máis pedras

Canto traballan estes nenos!
E uns días despois... Xa están así de bonitos!

Pouquiñoa pouco...van medrando!

martes, 21 de octubre de 2014

PLANTANDO AS PRIMEIRAS HORTALIZAS

Estos días comezamos a plantar os productos propios do mes de outubro: porros, brócoli, califlor, tomillo, romero, lavanda...

Tamén puxémonos mans a obra cos sementeiros. Estamos agardando con paciencia e ilusión a que broten os chícharos, a remolacha, a leituga de inverno...

Mirade que ben o pasamos no horto!


jueves, 16 de octubre de 2014

CONTOS CON CONCIENCIA

Hoxe deu comezo o V Ciclo de Contacontos da nosa biblioteca escolar. 
Este ano titúlase Contos con conciencia e o tema en torno ao que xirarán todas as sesións será o respecto e coidado deste mundo no que vivimos.
Haberá títeres, lecturas, dramatizacións... a cargo de profsores, familias e alumnos. Aquí contamos todos!

A primeira sesión levouna a cabo Irene para os nenos de 1º, 2º e 3º. Contou dous títulos coñecidos por moitos: Imos cazar un óso e Anínda nada?
Os asistententes metéronse nas historias dende o primeiro momento e, ao finalizar, recibiron un pequenmo agasallo para cultivar a súa paciencia :)












Deixamos aquí algúns momentos da sesión!

Todos preparados para comezar a sesión
Irene nun momento do conto Imos cazar un óso
Non podíamos crer o que lle pasou ao señor Luis
Un pequeno detalle para os asistentes
A ver canta paciencia temos!





MENOS MAL QUE ANTONIO NOS AXUDA!

Por segunda vez, Antonio veu ao cole para fresar a terra e deixala lista para comezar a plantar.
Encántanos que as familias colaboren con nós neste proxecto, sodes benvidos!





martes, 14 de octubre de 2014

QUE TAL VEXETAL?

Ola a todos/as!

Hoxe estivemos facendo un taller de vexetais. En primeiro lugar, lemos o conto Que, tal vexetal? Despois, dividímonos en catro grupos: grupo azul, grupo vermello, grupo verde e grupo amarelo. En cada un deles, había nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturados. Logo comezou a aventura: 
- Taller de caras divertidas no Encerado Máxico. Xogamos aos xogos de Mr. Potato, Mr. Banana Head y Mr. Veghead. 
- Taller de caras super divertidas. Pintamos olliños, boca, nariz, orellas e inclusive pés. Mirade que resultado tan fantástico.

Exposición dos vexetais elaborados polos alumnos de Infantil
Detalle no que se aprecian os sentimentos dos vexetais

viernes, 3 de octubre de 2014

COLABORACIÓN DO CONCELLO

Un sábado pola mañá, o persoal do Concello de Gondomar, veu traernos un pouquiño de terra para mezclar. 




Cando chegamos ao cole o luns, tivemos que limpiala un pouco, pois viña con algunhas pedras, para poder pasar a fresa.
Coa colaboración de todos... isto vai collendo forma!

Pedras, raíces, plásticos... Atopamos de todo!

As profes, sempre, axudan

Temos pouco xeito co rastrillo, pero seguro que melloramos!