martes, 14 de junio de 2022

ROLIÑOS DE PRIMAVERA

   Esta semana preparamos uns roliños de primavera con xamón, queixo e leituga do invernadoiro.

Despois de plantar, regar, arrincar malas herbas e mimar as legumes que temos na horta chegou a hora da colleita. Neste caso recollemos as leitugas para facer uns roliños de primavera e unhas "brochetas" moi apetitosas.


Amorodos, tomates e leitugas do invernadoiro!

Premer na imaxe para visualizar!



miércoles, 8 de junio de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

5 de xuño, Día do Medio ambiente!


            O alumnado de  3 anos, coa axuda dos Padriños lectores, plantaron unha árbore para conmemorar esta data tan importante.

            Os alumn@s de 3º P, coñecedores dos coidados que precisan as plantas, as árbores e os arbustos, regárona e  informáronse das súas características.

            Este ano plantamos unha Moreira.


 


"Padriños lectores e afillad@s plantado unha moreira no patio!"