viernes, 11 de septiembre de 2015

OS FROITOS DO VERÁN

Hoxe, os nenos e neas de 3º foron traballar no horto: quitar malas herbas, regar, podar, sachar os sucos... Pero o traballo no campo sempre ten unha moi boa recompensa: menuda colleita!
Había cabazas, millo, xirasois, tomates, cenorias, sandías...
Xa temos ingredientes para cociñar a semana próxima. Imos facer unha crema de cabaza e cenoria que seguro está deliciosa. Xa vos iremos contando!

Nadia e Diego recollendo os tomates

Brais, Zequi e Ruth quitando malas herbas

Daniela e Aaron quitando malas herbas

Aaron e Iker recollendo as cenorias

Traballo en equipo para un mellor coidado do horto

Iria regando os xirasois

Cenorias e tomates do noso horto

Cabaza e sandía do noso horto

No hay comentarios:

Publicar un comentario