lunes, 21 de septiembre de 2015

APRENDENDO A RECICLAR

Hoxe visitounos Manuel Varela, un empregado do punto limpo de Gondomar, co obxectivo de recordarnos como facer a separación de residuos.
Primeiro falounos dos tres R, tan importantes para coidar o planeta: REDUCIRREUTILIZAR e RECICLAR. Os nenos e as nenas son moi importantes nom undo da reciclaxe!

Cousas que podemos facer todas nas nosas casas
Logo, deixounos ben clariño o que si e o que non se pode botar en cada colector. Por exemplo... sabíades que non podemos tirar un vaso roto no iglú verde clariño? Resulta que non é vidro, é cristal!

Para que o teñades clariño!
Todos atentos ás explicaciones de Manuel
Finalmente, falounos de todo o que recollen no punto limpo: xogetes, electrodomésticos, mobles...

Por se tedes que lev ar algo... hai vai o horario do punto limpo!

Ademais, traballamos sobre todo o que podemos botar no composteiro que temos no horto. Agora estamos a elaborar uns cartaces para un bo uso dos mesmo... Pronto volos ensinamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario