jueves, 19 de febrero de 2015

UN PEQUENO INVERNADOIRO FEITO POR NÓS

Hoxe estivemos traballando duro no noso horto... Canto nos da que facer!
Fixemos un pequeno invernadoiro. Mirade ben o paso a paso:

1º - Puxemos as cañas para facer a estructura

2º - Atamos as cañas con bridas para reforzar a estructura

3º - Traballando xuntos foi máis doado

4º - Despois colocamos o plástico por enriba

5º - Colocamos ladrillos nun lateral para pechalo

6º - Regamos os nosos sementeiros de cebolas e tomates

7º - Enganchamos o plástico ás cañas con bridas 
8º - Pechamos tamén polo outro lado e suxeitamos con ladrillos



Este foi o resultado final :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario