viernes, 14 de noviembre de 2014

SEMENTANDO CALENDULAS


Os nenos/as de 1º baixamos a semana pasada ao noso horto para coller terra para as nosas macetas.
Queríamos ver se medraban as sementes de caléndula que nos regalou a profe Irene na primeira sesión de contacontos deste curso.
Preparamos a terra con humus de lombriz, botamos as sementes, regamos e as colocamos a carón dunha ventá.

Non gastamos nada de paciencia para ver o que medra porque non pasaran nin tres días e xa tíñamos as macetas cheas de brotes.
Agora xa temos outro saquiño de paciencia para esperar a que saian as flores. Serán como as da foto? Se premedes na imaxe atoparedes todas as propiedades que ten esta planta.

1 comentario: