lunes, 3 de noviembre de 2014

OS MEDIOS FANSE ECO DO NOSO PROXECTO

O noso proxecto Pouquiño a pouco creamos o noso horto está comezando a ser coñecido máis aló das fronteiras da nosa comunidade educativa, pois os medios de comunicación interesáronse por el.
Primeiro foi a radio. Irene, a nosa coordinadora, falou con Isidoro Valerio no programa Voces de galicia, da emisora Radiovoz, o día 14 de outubro.


Irene nun momento da entrevista


Aquí vos deixamos a entrevista completa:


Despois, o día 30 de outubro, foi o periódico La Voz de Galicia, na súa sección área metropolitana, quen nos adicou unha noticia para contar todo o que fixemos no cole con motivo do Samaín.

Esta é a noticia que publicaron e, se premedes na imaxen, poderedes ver tamén o resto de imaxes que apareceron na edición dixital do diario.

A noticia en prensa o venres  31 de outubro

Seguiremos informando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario