jueves, 20 de noviembre de 2014

APRENDENDO A RECICLAR CON SOGAMA

Hoxe, durante case toda a mañá, tivemos no cole a Juan e Jorge, dous traballadores de SOGAMA ( SOciedade Galega do Medio Ambiente) para traballar con nós sobre a importancia da reciclaxe e para amosarnos o xeito de facelo correctamente.

Fixeron catro sesións cos alumnos (3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria), que tiñan como obxetivo concienciar da importancia de reciclar o lixo nas nosas casas.

As actividades desta campaña, chamada Separemos ben, reciclemos mellor, foron atractivas e variadas:

- Para comezar, contáronnos que é reciclar e déronnos uns folletos para poder acudir a eles no caso de  ter dúbidas á hora de botar o lixo nun colector ou noutro.

Nos folletos temos toda a información que precisamos


- Despois, xogamos a identificar o lixo que estaba ben ou mal colocado nuns colectores que eles trouxeron. Aprendemos que as bandeixas do peixe ou da carne van no colector amarelo ou que as bombillas hay que levalas ao sitio no que as mercamos.

Todos queríamos responder ás preguntas!

- A continuación, explicáronnos a través dunha presentación e dalgún vídeo que é a reciclaxe, canto lixo produce unha soa persoa ao cabo do ano e os problemas de contaminación que pode causar o lixo non reciclado.
Faláronnos das pilas, dos medicamentos, do aceite, do punto limpo... Nesta ligazón podedes atopar toda a información que precisades sobre a reciclaxe:


Déronnos datos moi interesantes!

- Finalmente, xogamos por equipos a tirar lixo nos colectores axeitados. Tiñamos que chegar a 1o puntos para gañar!

Sabíades que o papel de aluminio vai no colector amarelo?

Para rematar a sesión, entregáronnos un agasallo a cada un de nós: unha bolsiña cargada de información.
E para o cole, como saben que estamos a traballar nun horto ecolóxico, deixáronnos este manual para aprender a facer compost. Premeda na imaxe e iredes á páxina para descargalo!



Aquí vos deixamos tamén o resumo da sesión por un alumno de 6º curso:

Mauro explica con claridade todo o que aprendeu

1 comentario: