lunes, 12 de diciembre de 2016

SEMENTEIROS PARA O INVERNADOIRO

Como este ano xa contamos co inverbadoiro dende o principio, decidimos facer sementeiros na aula para despois transplantalos. 


A profe trouxo sementes de pementos (verde e vermello), calabacín, pepino, berenxena, leituga, escarola, menta...

Cada un de nós decidiu o que quería plantar e puxémonos mans á obra. Un chisco de terra, unhas pingas de auga e moito amor... Seguro que así medran rápido!




Cada día encargámonos de coidalas e observamos o crecemento... A natureza é máxica!
Xa vos iremos contando como va o proceso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario