O martes, despois do recreo, asistimos a un obradoiro mediambiental a cargo de dous naturalistas, Anxo e Damián, que viñan contratados polo Concello de Gondomar (quen patrocinou a actividade).
Primeiro, faláronnos da importancia de respectar e de coñecer o noso medio máis próximo, o río Zamáns, a través dunha presentación.
Despois, vimos algúns vídeos sobre o comportamento das especies que habitan nos ríos e nas lagoas: patos, aguias, picapeixes...
Finalmente, e isto foi o que máis nos gustou, camiñamos ata a ribeira do río e alí aprendemos a diferenciar a especies de árbores que hai pola forma das súas follas e dos seus froitos. Toda a información a anotamos no caderno de campo que eles nos proporcionaron.
Aquí vos deixamos unhas fotos desta bonita actividade!
Recibindo explicaciones para cubrir o caderno de campo |
aprendendo a distinguir as árbores pola forma das súas follas |
Que será o que hai dentro deste froito? |