Mostrando entradas con la etiqueta Resinación de piñeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Resinación de piñeiros. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de mayo de 2022

RESINACIÓN DE PIÑEIROS

  Esta semana a Comunidade de Montes de Vincios invitounos a participar  nunha actividade de resinación de piñeiros no monte. 

    Tivemos que buscar información sobre o proceso de extración de resina dalgunhas especies arbóreas que temos na contorna e atender ás explicacións que recibimos de parte dos responsables da actividade,  Eduardo e Jose.

    Resultou moi interesande comprobar as técnicas que se usan para quitar a resina das árbores e o mesmo tempo non facerlles mal. Non só nos deron información sobre as vantaxes do emprego desta técnica senón tamén dos produtos e derivados  que se obteñen .


Moitas grazas por invitarnos!


Que actividade máis interesante!