Os alumnos de 4º levan traballando neste proxecto dende o 22 de setembro, día no que foron vendimar ás leiras dos veciños do cole.
 |
Vendimando con afillados |
Tras a recollida da uva, continuaron co proceso para elaborar viño (proceso que explicaron profesores e familias nas entrevistas que lles realizaron): despalillado, pisado, fermentación e remontado, separación do bagazo e embotellado.
 |
Despalillando a uva tinta |
 |
Pisando a uva... cos pés ben limpos! |
 |
Separando o bagazo do mosto |
 |
Medindo a cantidade de litros obtidos |
 |
Embotellando |
Traballaron moito, pois recolleron toda a información obtida en libros, páxinas Webs e entrevistas nos seus traballos de investigación, que expuxeron na aula aos seus afillados.
 |
Exposición dos traballos documentais |
Ademáis, deseñaron a etiqueta das botellas, pintaron co bagazo o fondo do mural, escribiron e representaron unha obra de teatro que unía uvas e emocións e están a apreparar os anuncios para a venta do viño (queren ir de excursión coa recaudación!).
 |
Mural que recolle gran parte o traballo realizado |
 |
Vino de Vincios, cosecha de 2016 |
Agora só nos queda catalo... agardaremos unha ocasión especial?
No hay comentarios:
Publicar un comentario