Xa é tempo de preparar o terreo para os cultivos de inverno.
Estes días estivemos a recoller os froitos que aínda quedaban no horto (cabazas, millo, gladiolos...) e agora toca limpar, botar o compost feito ao longo do verán e fresar.
Ben sabedes que os peques no poden facer todo eles soíños, así que precisamos a axuda de Marcos, o noso bedel, e Antonio, un veciño da parroquia que non se olvida de nós.
Aquí vos deixamos o paso a paso:1º - Limpar: quitamos todas as plantas e recollimos algunhas pedras.
2º Botar os restos de plantas no comporteiro.
3º Desbrozar e botar o compost: para isto precisamos a axuda de marcos. Tamén quitamos a Zander do medio do horto, para que Antonio traballe mellor.
4º Fresar: o encargado de facelo foi Antonio.
Agora xa temos o terro listo para comezar a sementar os productos do inverno!