Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de abril de 2015

OUTRA SESIÓN DE CONTOS CON CONCIENCIA

Hoxe Aida, Ruth e Ángela de 5º, coa colaboración de Tania, fixeron rir a esgalla aos alumnos de E.I. e de 1º co texto tan gracioso deste conto que encadeaba un animaliño tras outro para atopar o causante do problema. 
Porque... se falta un animal na cadea... os demais van ter problemas!

Gustoulles  tanto a  interpretación  aos nenos e nenas que as contistas tiveron que facer un "bis" e, aínda así,  os pequenos marcharon  para as súas clases berrando: Outra vez!

Parabéns rapazas polo bo traballo!

viernes, 20 de marzo de 2015

CONTOS CON CONCIENCIA, TAMÉN NO DÍA DA POESÍA

Como todo este ano está relacionado co proxecto do noso horto, non ía ser meno o mes que a nosa Biblioteca adica á poesía.
No recuncho preparado na entrada para recitar poesía cada día na Hora de ler, a profe Irene leu un conto rimado titulado El abuelo Opoto, en colaboración cos alumnos de 4º, no que se fala da importancia de coidar o hábitat dos animais en perigo de extinción.
A verdade que este Ciclo de Contos con conciencia está dando moito de si!

Aquí vos deixamos a hitoria, para que non vos esquezades de que, cando teñades un problema e pensedes que non ten solución... "encontrarás la manera, ¡Si usus la imaginación!

miércoles, 25 de febrero de 2015

PILÚ, PILÚ E A MAXIA DA NATUREZA

Hoxe os alumnos dende Infantil ata 4º asistiron a unha moi especial sesión de contacontos. Xiana, de 2º, fíxonos disfrutar moitísimo coa súa posta en escea para contarnos Pilú, Pilú.

A historia fálanos das relacións que se establacen entre os animais du n xeito natural. Neste caso, entre un enorme crocodilo e un pequeno paxarino... Sabíades que se fan falta mutuamente?
A posta en escea foi do máis orixinal: ela converteuse no paxarino e narrou con moito xeito, fixo as voces das personaxes, púxonos a todos a cantar con ela...


 Parabéns para unha pequena , gran contista!

jueves, 29 de enero de 2015

DUAS HISTORIAS PARA REFLEXIONAR



Hoxe, na sesión de lectura, María de 6º, coa colaboración da profe Irene, contounos dous contos preciosos moi relacionados co respecto por todo o que nos rodea: natureza e persoas.


Wangari y los árboles de la Paz fálanos de Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz no 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible e a súa loita pola convivencia pacífica. o público emocionouse coa historia desta muller tan valente!
Historia de un árbol é un álbum ilustrado que narra unha conmovedora historia dunha árbore que vivía feliz no bosque... ata que un día todo cambiou. Non deixedes de lelo!
                                     
PARABÉNS a María por emocionarnos tanto e a Irene por escoller estes contos para que reflexionemos como facer compatible a nosa forma de vida co respeto ao medio que nos rodea.


lunes, 24 de noviembre de 2014

A FOLLA SECA, UNHA HISTORIA SOBRE O OUTONO

Hoxe, Desi de 6º, coa colaboración de Claudia, contoulle aos nenos do 1º e 2º ciclo o conto A folla seca.
Trata da historia dunha folla, Amara, que coa chegada do outono non quería deixarse caer da pola da árbore.
Fantástica Desi, o "atrezzo" que preparou e a proposta de decorar follas para colocar nun recuncho da biblioteca.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

PARA ENTRAR EN MATERIA... POMELO AL OTRO LADO DEL HUERTO

Hoxe Alex, Antía, Olaia e Tania, alumnos de 5º, contáronlle aos nenos de 5 anos e de 1º Pomelo al otro lado del huerto.

Emocionounos a historia do protagonista, un pouco triste e asustado por deixar atrás o coñecido e ter que abrirse a descubrir cousas novas.

Emocionounos máis o xeito como o contaron, o ben que o prepararon e os agasallos que lles deron: Pomelos pequerrechos para os pequenos e Pomelos grandotes para as aulas.


  Parabéns para ALEX, TANIA, OLAIA e ANTÍA por emocionarnos  tanto!


jueves, 16 de octubre de 2014

CONTOS CON CONCIENCIA

Hoxe deu comezo o V Ciclo de Contacontos da nosa biblioteca escolar. 
Este ano titúlase Contos con conciencia e o tema en torno ao que xirarán todas as sesións será o respecto e coidado deste mundo no que vivimos.
Haberá títeres, lecturas, dramatizacións... a cargo de profsores, familias e alumnos. Aquí contamos todos!

A primeira sesión levouna a cabo Irene para os nenos de 1º, 2º e 3º. Contou dous títulos coñecidos por moitos: Imos cazar un óso e Anínda nada?
Os asistententes metéronse nas historias dende o primeiro momento e, ao finalizar, recibiron un pequenmo agasallo para cultivar a súa paciencia :)












Deixamos aquí algúns momentos da sesión!

Todos preparados para comezar a sesión
Irene nun momento do conto Imos cazar un óso
Non podíamos crer o que lle pasou ao señor Luis
Un pequeno detalle para os asistentes
A ver canta paciencia temos!





martes, 14 de octubre de 2014

QUE TAL VEXETAL?

Ola a todos/as!

Hoxe estivemos facendo un taller de vexetais. En primeiro lugar, lemos o conto Que, tal vexetal? Despois, dividímonos en catro grupos: grupo azul, grupo vermello, grupo verde e grupo amarelo. En cada un deles, había nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturados. Logo comezou a aventura: 
- Taller de caras divertidas no Encerado Máxico. Xogamos aos xogos de Mr. Potato, Mr. Banana Head y Mr. Veghead. 
- Taller de caras super divertidas. Pintamos olliños, boca, nariz, orellas e inclusive pés. Mirade que resultado tan fantástico.

Exposición dos vexetais elaborados polos alumnos de Infantil
Detalle no que se aprecian os sentimentos dos vexetais