Hoxe celebramos o Día do Medio Ambiente plantando na horta e limpando de herbas o caracol de aromáticas. Ao final regamos ben a terra e recollemos restos de plástico que había entre a maleza.
miércoles, 5 de junio de 2024
5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE
lunes, 5 de junio de 2023
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O luns, 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. Foi un día especial, as afilladas e os afillados lectores de 3 anos, coa axuda dos padriños e das madriñas de terceiro, plantamos unha árbore froiteira no patio do colexio. Este ano a árbore que plantamos foi un aguacate, orixinaria de América Central que dá uns froitos con casca verde e polpa moi nutritiva e aceitosa que son moi ricos en ensalada.
O alumnado do centro realizou unha recollida de lixo no patio do colexio e ao finalizar viñeron ver a árbore que plantaron os nenos e as nenas de 3 anos.
miércoles, 8 de junio de 2022
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
5 de xuño, Día do Medio ambiente!
O alumnado de 3 anos, coa axuda dos Padriños lectores, plantaron unha árbore para conmemorar esta data tan importante.
Os alumn@s de 3º P, coñecedores dos coidados que precisan as plantas, as árbores e os arbustos, regárona e informáronse das súas características.
Este ano plantamos unha Moreira.
sábado, 5 de junio de 2021
Día do Medio ambiente
Todos os anos celebramos o Día do Medio ambiente plantando unha árbore e logo rematamos recollendo o lixo do patio. Este curso está a ser especial e mudaron algúns dos costumes.
O alumnado de 3 anos, axudados polos Padriños lectores, baixaron ao patio para engadir ao listado de árbores do colexio unha nova especie: Ceibo, orixinaria de Sudamérica.
viernes, 5 de junio de 2020
5 de xuño, Día do Medio Ambiente
O pasado curso visualizamos unha montaxe feita polo alumnado de sexto sobre o impacto medioambiental dos incendios forestais. E, a seguir, os alumn@s de tres anos, coa axuda dos padriños lectores, plantaron unha árbore no patio de infantil. Este ano é diferente, estamos confinados, aínda así, seguimos defendendo e protexendo os espazos naturais.
Levamos tempo traballando na defensa do medio, apuntándonos á compostaxe, reciclando, aforrando enerxía e creando carteis e vídeos explicativos para invitar a protexer o medio natural. Queremos medrar nun mundo onde se respecte a natureza!
Estades tod@s invitad@s!
domingo, 9 de junio de 2019
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O 5 de xuño celébrase o día do Medio Ambiente.
O alumnado de 6º de Primaria amosounos unha montaxe audiovisual que realizaron sobre o impacto medioambiental dos incendios forestais.
No colexio, como de costume, as nenas e os nenos de 3 anos plantan unha árbore no patio. Este curso a árbore elexida foi unha Maceira, Malus domestica, que todos se comprometeron a cuidar, a protexer e a tratar con agarimo.
Rematamos a actividade recollendo o lixo que había no patio.
domingo, 10 de junio de 2018
Día do Medio Ambiente
O 5 de xuño celébrase o día do Medio Ambiente. No colexio, como de costume, as nenas e os nenos de 3 anos plantan unha árbore no patio. Este curso a árbore elexida foi un Marmelo, Cydonia Oblonga, que todos se comprometeron a cuidar, a protexer e a tratar con agarimo.
lunes, 5 de junio de 2017
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O pasado venres, día 2 de xuño, celebramos o Día do Medio ambiente, e como en anos anteriores, as nenas e os nenos de 3 anos plantaron unha árbore no recinto escolar. Nesta ocasión foi unha ameixeira (Prunus Domestica), árbore froiteira que se comprometeron a coidar durante a súa estadía no colexio.
A seguir todos os alumn@s e profesores recollemos o lixo do patio e dos arredores da escola.


