lunes, 20 de marzo de 2017

TRABALLOS CONTINUOS NO HORTO

Este trimestre seguimos a traballar no noso horto... Vamos a saír uns expertos na materia!

Fixemos sementeiros de escarola, pepino, calabacín, garavanzos, leitugas... e hai poucos días fomos transplantalos dentro do invernadoiro para que poidamos comelos antes de que acabe o curso (natural e da casa... que rico!).

Os pementos aínda non están listos para transplantalos, a ver se dentro de pouco.

Ademais, sementamos directamente na terra rúcula, tomates, cenorias, leitugas e coles de bruselas, pois queremos ver como son esas plantas xa que nunca as cultivamos. A rúcula tardou moi poucos días en saír!

As coles, os brócolis e as coliflores que sementamos hai uns meses parece que non levan ben estes cambios de tempo: están a florecer e parece que non vamos sacar moito para comer... Teremos que deixalas para conseguir sementes para o vindeiro curso!

Rúcula

Escarola

Tomates

Carteles feitos polos nenos

Leituga

A planta do garavanzo é moi peculiar...

Aspecto xeral do invernadoiro

Porros

Calabacín

Aspecto xeral do exterior do horto

No hay comentarios:

Publicar un comentario