viernes, 26 de junio de 2026

 DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Como xa é tradición no noso cole o 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente.
Aproveitamos ese día para facer unha plantación de árbores en distintos lugares do noso centro.
Este ano o lugar elexido foi a entrada do cole.
O alumnado encargado foron o nenos/as de 3 anos xunto cos seus padriños e madriñas de 3º, nesta ocasión elexiron plantar unhas pequenas árobores nunhas macetas e así decorar a nosa entrada.
Así de bonito quedou!









 AROMATIZANDO XABÓNS

Aproveitando as herbas aromáticas da nosa horta (menta, fiuncho, tomiño, ourego, lavanda,...) algunhas aulas decidiron experimentar facendo xabóns, con perfumes moi agradables.
Estes nenos están feitos una auténticos xaboneiros artesáns. 












 O NOSO HORTO

Este curso estivo marcado pola chuvia, polo que ata o 3º trimestre foi moi complicado poder baixar cos nenos/as e aproveitar do noso espazo natural tan fermoso co que conta o noso centro.
Aínda así no momento que o tempo nos deu unha tregua puxémonos a traballar e grazas como sempre ás familias que nos axudaron n0 asesoramento dos cultivos da época na que estabamos e grazas a Waldo por arranxar a desfeita do paso das chuvias, hoxe o noso horto loce así de bonito e só esperamos poder degustar pronto do noso esforzo.

                                                            



jueves, 22 de mayo de 2025

CALDO CON VERZAS RIZADAS DA HORTA

   Este martes cociñamos un caldiño con unto, feixóns, patacas e verzas da nosa horta. Á auga e o sal engadímoslle os feixóns que estaban de remollo, as patacas picadas e follas de  brócoli e de verza rizada.

    Resultou un caldo moi rico e degustámolo case tod@s!

Quen ten un hortiño ten un tesouriño! Que aproveite!!!


miércoles, 23 de abril de 2025

OS LEGUMES MEDRAN

     Estamos vixiando os cultivos que temos no horto. Regamos no invernadoiro e tamén as plantas que están en tarros no exterior. É moi agradable ver como medran os legumes!





Xa temos a proteína para cando fagamos o caldo!


jueves, 10 de abril de 2025

TAREFAS DO HORTO

   Seguimos cos traballos e coidados da horta, regar, retirar as herbas invasoras, revisar as plantiñas, vixiar as aromáticas ... e estamos a ver como medran e se poñen máis lindas.

    Tamén coidamos das froiteiras e ornamentais que se atopan no exterior e regamos a terra para que poidan medrar e dar froitos.




Temos que regar e arrincar as herbas invasoras!

martes, 25 de marzo de 2025

HORTALIZAS E HERBAS AROMÁTICAS

     Xa iniciamos as tarefas no horto. Plantamos varios tipos de  hortalizas no invernadoiro: pementos, tomates, leitugas, kale, brócoli ...  arrincamos as malas herbas nos bancais do interior e algunhas no exterior. Tamén imos plantar aromáticas e ornamentais. Despois de preparar o terreo plantamos as  hortalizas, regamos e recollemos as ferramentas de traballo. 




Pouquiño a pouco creamos o noso horto!