Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de abril de 2021

Decoramos con plantas

  Estes días non só estivemos a plantar leitugas, tomates e acelgas no horto senón tamén plantas aromáticas e ornamentais no patio, na entrada principal e nos bloques de acceso ao centro. 

    Preparamos a terra, arrincamos as malas herbas, engadimos fertilizante e plantamos gromos e aromáticas que mercamos e outras que trouxemos da casa.


"Decoramos o caracol de madeira con plantas aromáticas"


"Preparamos a terra, plantamos e regamos!"
Premer  AQUÍ  para visualizar a montaxe!



jueves, 4 de marzo de 2021

Plantamos frondosas na Serra do Galiñeiro

  Esta semana recibimos unha invitación da Comunidade de Montes do Galiñeiro para ir plantar especies autóctonas na zona de Auga da Laxe. 

    Os grupos que participamos na actividade fomos 2º, 3º e 4º de Primaria. O alumado do segundo ciclo subimos e baixamos camiñando, e meduda camiñada! Os máis pequenos desprazáronse en autobús.

    Ao chegar recibimos unha explicación sobre a riqueza do monte e a necesidade de coidalo. A seguir plantamos as árbores e rematamos recollendo  as ferramentas e os testos de plástico.

    Merendamos en Auga da Laxe e de volta ao cole!


Premer na imaxe para visualizar a montaxe.
Moitas grazas a Comunidade de Montes pola súa invitación!


lunes, 10 de febrero de 2020

APÚNTATE Á COMPOSTAXE


    
     O mércores, dous técnicos do "Plan Revitaliza", déronnos unha charla sobre a compostaxe.

     Faláronnos dos beneficios de colaborar nunha mellora ambiental e o mellor xeito de transformar os restos orgánicos, restos de alimentos e vexetais, nun fertilizante natural.

     Unha das tarefas que realizamos foi a montaxe dun composteiro. Así poderemos obter un fertilizante  para o noso horto a partir de biorresiduos e materiais secos que funcionan como estruturante.

     Iso si, teremos que esperar un tempo, pode que seis meses, antes de poder empregar o cómpost.




Xa temos un novo composteiro!

domingo, 28 de abril de 2019

BOSQUE DOS NEN@S

   Plantamos frondosas na Serra do Galiñeiro!


   O venres, día 12 de abril, estivemos no Bosque dos nen@s repoboando unha parte de monte que resultou arrasado polos incencios e precisa da axuda de tod@s para darlle vida de novo.

   Recibimos unha invitación  dos  respondables da Comunidade de Montes para recuperar e coidar unha parte do Galiñeiro.

   Plantamos diferentes tipos de frondosas: carballos, acivros, pradairos ... e, os maiores,  aproveitamos a saída para visitar os Petróglifos de Auga da Laxe.






lunes, 24 de septiembre de 2018

XORNADA DE VENDIMA



     Un ano máis, os alumnos e as alumnas do Serra Vincios, recibimos unha invitación para vindimar nunha leira a carón do centro escolar.
     Esta actividade non só amosa unha das costumes e tradicións que durante anos se desenvolveron na nosa terra senon que permite asociar a colleita de uvas coa posterior elaboración do viño.
     A tarefa favoreceu a colaboración e o traballo entre distintos grupos polo que afillados e padriños lectores puidemos compartir novas experiencias.
     Enrique explicounos os tipos de uva que teñen no lugar: Tempranillo, Albariño, Negrón, Barcelonés, Mencía … Tamén nos dixo que este ano hai menos colleita que outros anos e que a viña require moitos coidados e tempo.
     Empregamos “capachos”, tesoiras, cestos …. para cortar e recoller os acios das vides.
     Despois dunha xornada tan satisfactoria só nos queda agradecerlle aos propietarios a invitación recibida e a súa colaboración desinteresada.
     Moitas grazas!
     As nenas, os nenos e os profesores do Serra Vincios






lunes, 5 de junio de 2017

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


   
  O pasado venres, día 2 de xuño, celebramos o Día do Medio ambiente, e como en anos anteriores, as nenas e os nenos de 3 anos plantaron unha árbore no recinto escolar. Nesta ocasión foi unha ameixeira (Prunus Domestica), árbore froiteira que se comprometeron a coidar durante a súa estadía no colexio.

        A seguir todos os alumn@s e profesores recollemos o lixo do patio e dos  arredores da escola.


Día do Medio ambiente


jueves, 25 de mayo de 2017

TRABALLOS NO HORTO

Xa di o refrán : """Se queres vivir san, fai tarefas de hortelán".

Pois ben, ao posuír un horto temos moitas responsabilidades. Non só sementar e plantar, senón tamén regar, arrincar as malas herbas, poñerlle estacas ás tomateiras, repasar os sucos, vixiar se hai bechos nas plantas...

No entanto, son moitas as satisfaccións que nos produce traballar no horto.
Sentímonos moi ben e elaboramos receitas de cociña con produtos da nosa colleita.
Xa  preparamos "Rolos de primavera"  con leitugas do invernadoiro.


Tomates, porros, cenorias, pementos .... xoias do horto.




sábado, 19 de noviembre de 2016

DA VENDIMA Á CATA

Os alumnos de 4º levan traballando neste proxecto dende o 22 de setembro, día no que foron vendimar ás leiras dos veciños do cole.

Vendimando con afillados

Tras a recollida da uva, continuaron co proceso para elaborar viño (proceso que explicaron profesores e familias nas entrevistas que lles realizaron): despalillado, pisado, fermentación e remontado, separación do bagazo e embotellado.


Despalillando a uva tinta

Pisando a uva... cos pés ben limpos!

Separando o bagazo do mosto

Medindo a cantidade de litros obtidos

Embotellando

Traballaron moito, pois recolleron toda a información obtida en libros, páxinas Webs e entrevistas nos seus traballos de investigación, que expuxeron na aula aos seus afillados.

Exposición dos traballos documentais







Ademáis, deseñaron a etiqueta das botellas, pintaron co bagazo o fondo do mural, escribiron e representaron unha obra de teatro que unía uvas e emocións e están a apreparar os anuncios para a venta do viño (queren ir de excursión coa recaudación!).


Mural que recolle gran parte o traballo realizado

Vino de Vincios, cosecha de 2016

Agora só nos queda catalo... agardaremos unha ocasión especial?

martes, 4 de octubre de 2016

APRENDENDO MÁIS SOBRE A XESTIÓN DE RESIDUOS

Hoxe veu ao cole un traballador do Grupo Soil para contarnos como se xestionan os residuos que xeneramos nos nosos fogares. 

Pedro foi o encargado de dar a charla sobre os residuos

Primeiro explicounos que hai catro xeitos principais de facer a separación: os contenedores, a compostaxe, o punto limpo e os vertedoiros. A partir de ahí, contounos o mellor xeito de facer a separación dende os nosos foares.

- Recordamos o que hai que botar en cada contenedor.

Aprendendo a separar na casa

- Falamos sobre a compostaxe (ainda que nós xa sabemos moito pois dende hai dous anos temos un composteiro no cole que produce abono para o noso horto). Nico explicou moi ben que se pode e que non se pode botar no composteiro.

Nico falando sobre a compostaxe

- Aprendemos que no punto limpo recollen todo tipo de residuos.



- Falamos sobre os problemas dos vertedoiros incontrolados e sobre a importancia de rehabilitar os vertedeiros unha vez estén cheos.



Para rematar, xogamos a clasificar residuos. Pedro quería comprobar o atentos que estivemos!



AGORA XA NON TEMOS EXCUSA PARA COLABORAR NA BOA SAÚDE SO NOSO PLANETA!

jueves, 22 de septiembre de 2016

XORNADA DE VENDIMA

Que sorte temos neste cole! Os nosos veciños son estupendos!
Loli e Benito, que teñen unha leira ao lado do Centro, afrecéronnos a súa viña para facer a vendima. Preparamos as botas, as tixeiras e as ganas e... mans á obra!

Fomos todos: grande e pequenos. Que ben o pasamos traballando xuntos!

No eido había moitas variedades de uvas, unhas brancas e outras tintas: treixadura, mencía, barcelonés, fresa, xerez... Loli explicounos que unhas son mellores para sobremesa e outras son máis idóneas para facer o viño, así que recollemos uvas para degustar na aula e outras para facer zume e experimentar coa elaboración do viño.

Hai algúns cursos que están facendo viño e outros vinagre. Xa vos contaremos como queda!
Aquí vos deixamos as fotos dunha xornada marabillosa na que apredimos cooperando. 



GRACIAS A LOLI E BENITO POLA SÚA XENEROSIDADE!

martes, 7 de junio de 2016

CELEBRANDO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe fixemos algo especial todos xuntos para conmemorar o Día do Medio Ambiente (5 de xuño). Como xa ven sendo tradición, baixamos ao patio para que os máis pequenos do cole, os alumnos de 3 anos, plantasen e apadriñasen para todo o que lles queda de escolaridade, unha árbore.
Neste caso elixiron unha cerdeira, porque... imos completar o noso horto con árbores froitais!

Alumnos de 3 anos mimando á súa árbore antes de plantala

Coa axuda das profes, plantaron a árbore e regárona. Agora só lles falta penser e decidir entre todos un nome para poñerlle.

Entre todos, botamos terra para enterrar a cerdeira

Despois, todos os cursos fixeron unha batida de limpeza do patio.
Aquí vos deixamos as fotos desta mañana tan intensa.


viernes, 20 de mayo de 2016

O CURSO EN IMAXES

Aínda queda traballo por facer, pois o cursos remata dentro dun mes, pero quixemos participar no concurso de vídeos que se propón desde Voz Natura e decidimos facelo cun pequeno resumo de todo o traballo feito.

Puxemos todas as nosas ganas no coidado do horto (e comimos os seus froitos), na limpeza de zonas comúns, na realización dos xardíns interiores... Pero fomos máis aló montando unha estación meteorolóxica, creando con materiais de refugallo, aprendendo a facer compost...

Aquí tedes o vídeo cunha chea de imaxes de alumnos e profesores traballando cábado con cóbado. Botádelle un vistazo que seguro os gusta!

Podedes votar por el na seguinte ligazón e xudarnos a ganar o premio. Gracias.

https://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622981434



martes, 16 de febrero de 2016

LIMPANDO A PRAIA DE PATOS

Menudo equipazo!


Hoxe, os alumnos de 3º e 4º aproveitamos unha visita á Residencia de Tempo Libre de Patos para achegarnos á praia de Patos (Nigrán) e limpala. 
Adicamos case unha hora a facer a batida e recollimos moitísimo lixo que o temporal destes días arrastrou á costa. Enchemos seis bolsas!
Ademais de gozar do sol deste día radiante e pasalo ben traballando en equipo, gustounos colaborar no mantemento das nosas praias, pois son as máis fermosas do mundo!






Gracias chicos pola vosa colaboración!

martes, 3 de noviembre de 2015

CHEGA O SAMAÍN

O 29 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. 
Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA, que estiveron decorando os pasillos do noso Centro e un laboratorio moi TERRORÍFICO!!!!


Aquí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.

lunes, 21 de septiembre de 2015

APRENDENDO A RECICLAR

Hoxe visitounos Manuel Varela, un empregado do punto limpo de Gondomar, co obxectivo de recordarnos como facer a separación de residuos.
Primeiro falounos dos tres R, tan importantes para coidar o planeta: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Os nenos e as nenas son moi importantes nom undo da reciclaxe!

Cousas que podemos facer todas nas nosas casas
Logo, deixounos ben clariño o que si e o que non se pode botar en cada colector. Por exemplo... sabíades que non podemos tirar un vaso roto no iglú verde clariño? Resulta que non é vidro, é cristal!

Para que o teñades clariño!
Todos atentos ás explicaciones de Manuel
Finalmente, falounos de todo o que recollen no punto limpo: xogetes, electrodomésticos, mobles...

Por se tedes que lev ar algo... hai vai o horario do punto limpo!

Ademais, traballamos sobre todo o que podemos botar no composteiro que temos no horto. Agora estamos a elaborar uns cartaces para un bo uso dos mesmo... Pronto volos ensinamos!

viernes, 5 de junio de 2015

CELEBRANDO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o Día do Medio Ambiente, que é o 5 de xuño, cada ano plantamos unha árbore. 
Os encargados de apadriñala, plantala e coidala son os nenos de tres anos, que van medrando con ela co paso do tempo. Este curso, como estamo a traballar o horto escolar, elixiron unha laranxeira.

Momento no que Joaquín axudounos a plantar a árbore

Plantárona preto do horto, para que cando medre proporcione unha fresca sombra na que descansar despois dos traballos agrícolas :)ç

Despois, todos xuntos, limpamos o patio do cole e os arrededores do Centro... Non imaxinades a de proquería que atopamos: calcetíns, neumáticos, latas de refresco...
Menos mal que de cando en vez imos nós a manter limpa a zona!

Co lixo que atopamos polos arredores do Centro... que non foi pouco!



lunes, 27 de abril de 2015

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

O martes, despois do recreo, asistimos a un obradoiro mediambiental a cargo de dous naturalistas, Anxo e Damián, que viñan contratados polo Concello de Gondomar (quen patrocinou a actividade).

Primeiro, faláronnos da importancia de respectar e de coñecer o noso medio máis próximo, o río Zamáns, a través dunha presentación.

Despois, vimos algúns vídeos sobre o comportamento das especies que habitan nos ríos e nas lagoas: patos, aguias, picapeixes...

Finalmente, e isto foi o que máis nos gustou, camiñamos ata a ribeira do río e alí aprendemos a diferenciar a especies de árbores que hai pola forma das súas follas e dos seus froitos. Toda a información a anotamos no caderno de campo que eles nos proporcionaron.

Aquí vos deixamos unhas fotos desta bonita actividade!

Recibindo explicaciones para cubrir o caderno de campo

aprendendo a distinguir as árbores pola forma das súas follas

Que será o que hai dentro deste froito?

viernes, 20 de marzo de 2015

CONTOS CON CONCIENCIA, TAMÉN NO DÍA DA POESÍA

Como todo este ano está relacionado co proxecto do noso horto, non ía ser meno o mes que a nosa Biblioteca adica á poesía.
No recuncho preparado na entrada para recitar poesía cada día na Hora de ler, a profe Irene leu un conto rimado titulado El abuelo Opoto, en colaboración cos alumnos de 4º, no que se fala da importancia de coidar o hábitat dos animais en perigo de extinción.
A verdade que este Ciclo de Contos con conciencia está dando moito de si!

Aquí vos deixamos a hitoria, para que non vos esquezades de que, cando teñades un problema e pensedes que non ten solución... "encontrarás la manera, ¡Si usus la imaginación!

viernes, 13 de marzo de 2015

COCIÑANDO E SEMENTANDO BERENXENA

Os nenos e nenas de 2º, antes de facer os sementeiros de berenxena, aprenderon a facer unha receita con ela como actividade de motivación: Berenxenas receheas.
Aquí vos deixamos un vídeo de fotos deles... coas mans na masa!



E aquí tedes as fotos do día que baixaron ao horto!








Agora toca agardar que as sementes xerminen!