Hoxe veu ao cole un traballador do Grupo Soil para contarnos como se xestionan os residuos que xeneramos nos nosos fogares.
Pedro foi o encargado de dar a charla sobre os residuos |
Primeiro explicounos que hai catro xeitos principais de facer a separación: os contenedores, a compostaxe, o punto limpo e os vertedoiros. A partir de ahí, contounos o mellor xeito de facer a separación dende os nosos foares.
- Recordamos o que hai que botar en cada contenedor.
Aprendendo a separar na casa |
- Falamos sobre a compostaxe (ainda que nós xa sabemos moito pois dende hai dous anos temos un composteiro no cole que produce abono para o noso horto). Nico explicou moi ben que se pode e que non se pode botar no composteiro.
Nico falando sobre a compostaxe |
- Aprendemos que no punto limpo recollen todo tipo de residuos.
- Falamos sobre os problemas dos vertedoiros incontrolados e sobre a importancia de rehabilitar os vertedeiros unha vez estén cheos.
Para rematar, xogamos a clasificar residuos. Pedro quería comprobar o atentos que estivemos!
AGORA XA NON TEMOS EXCUSA PARA COLABORAR NA BOA SAÚDE SO NOSO PLANETA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario