Estamos a facer trampas para atrapar vespas velutinas. Esta especie invasora, que está a provocar estragos en Galicia, ataca as abellas autóctonas dun xeito moi agresivo.
Pensamos que é boa idea colocar trampas en zonas próximas ás árbores froiteiras do patio e tratar de atrapar ás invasoras.
A construción do aparello atrapador de vespas é sinxelo. Precisamos botellas de plástico, cordel, tesoiras, zume ou bebida doce e ... a supervisión dun adulto.
"Trampa para vespas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario