miércoles, 9 de mayo de 2018

TEMOS UN HORTO CON PATACAS, CENORIAS, AMORODOS ...


     Levamos semanas traballando no horto  escolar. Xa temos patacas, allos, chícharos, amorodos, leitugas, cebolas ....  Que traballo! Sementar, plantar, regar .... e vixiar o invernadoiro para que as plantas teñan auga suficiente. Temos que revisar os alcouves e ir transplantando as hortalizas que xa estean crecidas e precisen máis espazo.
     Este ano temos bancais para cultivar no exterior e así podemos andar mellor por entre os plantíos.


"Antes de sementar temos que botar terra dentro dos bancais!"


No hay comentarios:

Publicar un comentario