martes, 5 de abril de 2016

UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA PARA OS NOSOS XARDÍNS

Agora que os nosos corredores comezan a estar cheos de vida con todas as plantas dos xardíns interiores, os alumnos e a profe de 5º pensaron que era un bo momento para poñerse mans á obra cunha actividade nada sinxela pero moi educativa.

Despois de estudar a fondo os fenómenos atmosféricos e a súa influenza nas plantas, puxéronse mans á obra para montar a súa propia estación meteorolóxica. Non o credes? Mirade!

Puxéronse en contacto con Xoan (membro da Asociación Bricolabs), que ten coñecementos neste tipo de proxectos, e comezaron.

Ao principio todo parecía moi complexo... ata os nomes dos compoñentes electrónicos! Pero pouquiño a pouco puidemos familiarizarnos cos distintos sensores e o seu funcionamento.

Probando o sensor de humidade da terra.

A estación parte dunha placa de arduino (un sistema deseñado para facilitar o uso da electrónica en proxectos deste tipo) que se conecta aos distintos compoñentes e se programa a través dun ordenador.

Xoan ensinounos a conectar tres sensores (humidade da terra, luminosidade e temperatura ambiente) e a comprobar o seu correcto funcionamento. Está claro que foi el quen se encargou da linguaxe de programación!

Os LED van indicarnos cando temos que regar. Estará iluminado o verde cando a terra teña entre o 25 e o 75% de humidade; lucirá o azul cando teña exceso de agua (máis dun 75%); e estará encendido o amarelo cando teña falta de auga (menos dun 25%).

Detalle dos LED indicadores da humidade da terra.


Prototipo da estación meteorolóxica.

Unha vez experimentamos nós mesmos o funcionamento de cada sensor, puidemos ver a súa lectura nunha pantalla... parece maxia! deste xeito podemos facer unha toma de datos manual e comprobar a través de gráficas as variacións de luminosidade, temperatura...


Nesta pantalla se amosan, cada 5 segundos, os datos tomados polos sensores.


Finalmente, para poder contrastar a información que nós tomemos, Xoan instalou unha placa que mandará os datos rexistrados a un servidor en Internet a través da WiFi, onde poderemos consultalos sempre que queiramos. 

Compoñente que manda a información rexistrada ao servidor a través de WiFi.

Agora toca contarlles aos compañeiros como funciona para que tamén eles lle saquen partido!




No hay comentarios:

Publicar un comentario