miércoles, 6 de abril de 2016

ENCHENDO O INVERNADOIRO

Á volta das vacacións démonos conta de que chegara o momento de transplantar os sementeiros que fixéramos con Juan o mes de febreiro.

Tomates, leitugas, pementos, cabazas e calabacíns estaban listos para comezar a medrar no horto pero, había que agardar un día soleado para que o duro traballo do campo fora máis levadero!

Ese día foi hoxe! Menudo sol! Case afogamos!

Facía moito calor, pero pasámolo moi ben cos afillados!

Comezamos poñendo os pepinos e os calabacíns diante do invernadoiro, pois se os plantamos dentro... quedámonos sen sitio porque son plantas que medran moitísimo!

Logo, puxemos tomates e leitugas dentro e fóra do invernadoiro, para poder comprobar nós memos a diferencia de crecemento.

Finalmente, plantamos taxetes nos extremos dos sucos, pois son unhas flores que axudan a manter os insectos lonxe dos nosos cultivos... A que non o sabíades?

Cando estabamos a piques de rematar, viñeron os nosos afillados a botarnos unha man e a pedirnos axuda para colocar canas nas xudías e atalas. Aproveitamos tamén para recoller pedras que saíron para fóra coa choiva.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que hoxe, gaámonos ben o pan!



No hay comentarios:

Publicar un comentario