O noso proxecto Pouquiño a pouco creamos o noso horto está comezando a ser coñecido máis aló das fronteiras da nosa comunidade educativa, pois os medios de comunicación interesáronse por el.
Primeiro foi a radio. Irene, a nosa coordinadora, falou con Isidoro Valerio no programa Voces de galicia, da emisora Radiovoz, o día 14 de outubro.
Aquí vos deixamos a entrevista completa:
Despois, o día 30 de outubro, foi o periódico La Voz de Galicia, na súa sección área metropolitana, quen nos adicou unha noticia para contar todo o que fixemos no cole con motivo do Samaín.
Esta é a noticia que publicaron e, se premedes na imaxen, poderedes ver tamén o resto de imaxes que apareceron na edición dixital do diario.
A noticia en prensa o venres 31 de outubro |
Seguiremos informando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario