O
30 de outubro celebramos no cole o día de Samaín, xunto coa exposición
de cestas con produtos típicos do outono. Seguro que foi o día do curso
no que pasamos máis medo!
Cada alumno trouxo ao cole unha CESTA e unha CABAZA SUPERTERRORÍFICA, UHHHHHHHHHHH!
- Primeiro, visitamos o escenario da sala de usos múltiples transformado na habitación da nena de Monstruos S.A., onde colocamos todas as cabazas e intentamos localizar obxectos escondidos entre elas. Todo isto, coas luces acendidas.
- Os alumnos de 6º meteron moito medo no corpo a todo o cole, xa que viñeron disfrazados a buscarnos polas aulas, agás aos máis pequeniños.
- Acudimos outra vez, pero coas luces apagadas, para observar as cabazas no seu estado máis TERRORÍFICO....
Todo isto foi posible grazas a colaboración das familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario