Os alumnos de 4º, como padriños e madriñas da aula de 4 anos e traballando conxuntamente con eles, fixemos unha manualidade para usar no magosto.
Trátase dun "castañeiro", eleborado con materiais de refugallo e moito agarimo para que os máis pequenos podan gardar as castañas que van comer mentres están quentiñas (para non queimarse).
Se vós tamén queredes facer un, é moi sinxelo!
Precisades:
- Un tetrabrik vacío
- Papel de periódico
- Cola branca
- Témpera branca
- Unha folla seca
- Cordón, la ou tea vella
- Regra
- Lapis
- Tixeiras
- Grampadora
- Pincel
E aquí vos deixamos os pasos a seguir:
1º - Medir o tetrabrick para marcalo e cortalo pola metade.
|
Medir |
|
Marcar |
|
Cortar |
2º - Grampar as dúas metades.
|
Grampar |
3º - Romper o papel de periódico en anacos pequenos.
|
Facer anacos de papel de periódico |
4º - Pegar os papeis sobre o tetrabrick con cola, ata cubrilo completamente.
|
Botar cola |
|
Pegar os papeis |
5º - Pintar con témpera branca a folla. Podemos facer puntos e liñas, de xeito que pareza unha pintura tribal.
|
Pintar a folla |
6º - Unha vez seca, pegamos a folla sobre o papel de periódico.
|
Pegar a folla |
7º - Facer un buraco nos laterais do tetrabrick para pasar por eles a corda, a la oo a tea.
|
Facer un buraco a cada lado |
8º - Deseñar unha etiqueta para escribir o nome.
|
Deseñar a etiqueta |
9º - Cortar á nosa medida o cordón, a la ou a tea vella e pasala polos buracos da etiqueta e do tetrabrik.
|
Meter o cordón polos buracos |
10º - Facer un nó a cada lado e... listo para usalo!
|
"Castañeiro" listo para usar! |
Animádevos, é moi divertido!