martes, 11 de noviembre de 2014

"CASTAÑEIRO" PARA O MAGOSTO

Os alumnos de 4º, como padriños e madriñas da aula de 4 anos e traballando conxuntamente con eles, fixemos unha manualidade para usar no magosto.
Trátase dun "castañeiro", eleborado con materiais de refugallo e moito agarimo para que os máis pequenos podan gardar as castañas que van comer mentres están quentiñas (para non queimarse).
Se vós tamén queredes facer un, é moi sinxelo!

Precisades:

- Un tetrabrik vacío
- Papel de periódico
Cola branca
- Témpera branca
- Unha folla seca
- Cordón, la ou tea vella
- Regra
- Lapis
- Tixeiras
- Grampadora
- Pincel


E aquí vos deixamos os pasos a seguir:

1º - Medir o tetrabrick para marcalo e cortalo pola metade.

Medir

Marcar
Cortar







2º - Grampar as dúas metades.

Grampar

3º - Romper o papel de periódico en anacos pequenos.

Facer anacos de papel de periódico

4º - Pegar os papeis sobre o tetrabrick con cola, ata cubrilo completamente.

Botar cola
Pegar os papeis







5º - Pintar con témpera branca a folla. Podemos facer puntos e liñas, de xeito que pareza unha pintura tribal.

Pintar a folla

6º - Unha vez seca, pegamos a folla sobre o papel de periódico.

Pegar a folla

7º - Facer un buraco nos laterais do tetrabrick para pasar por eles a corda, a la oo a tea.


Facer un buraco a cada lado
8º - Deseñar unha etiqueta para escribir o nome.


Deseñar a etiqueta

9º - Cortar á nosa medida o cordón, a la ou a tea vella e pasala polos buracos da etiqueta e do tetrabrik.


Meter o cordón polos buracos

10º - Facer un nó a cada lado e... listo para usalo!

"Castañeiro" listo para usar!

Animádevos, é moi divertido!

2 comentarios: