Todos os anos celebramos o Día do Medio ambiente plantando unha árbore e logo rematamos recollendo o lixo do patio. Este curso está a ser especial e mudaron algúns dos costumes.
O alumnado de 3 anos, axudados polos Padriños lectores, baixaron ao patio para engadir ao listado de árbores do colexio unha nova especie: Ceibo, orixinaria de Sudamérica.
Grazas Pablo por axudarnos coa plantación!