Hai algo máis tenro que ver como os Padriños Lectores colaboran cos Afillados de 3 anos para arranxar o xardín exterior?
As nenas e os nenos de 3º P axudaron aos afillados a encheren de vida as xardineiras exteriores. Prepararon a terra e plantaron xeranios con flores e uñas de gato. Que interesante! Todos estaban emocionados coa actividade e foi un pracer explicarlles aos máis pequenos as tarefas relacionadas coa xardinería. Que ben o pasamos!
Padriños e afillados despois dunha dura xornada de traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario