Nada máis chegar ao cole, fomos ver se o horto tiña algunha sorpresa para nós. Cantos tomates atopamos! Máis de 4 kilos de ricos e fermosos tomates!
A profe dixo que durante o verán foron todos os profes os encargados de vir regar as plantas... Que riquiños! Por iso tiñamos tanta colleita!
Pero... que facer con tantos tomates? Algo saboroso, algo sinxelo, algo que nos guste a todos... Salsa de tomate caseira!
A profe buscou a receita, mercou os ingredientes que faltaban e puxémonos mans á obra!
Aquí vos deixamos a receita paso a paso e un vídeo para que vexades o ben que o pasamos :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario