Hoxe, os nenos e neas de 3º foron traballar no horto: quitar malas herbas, regar, podar, sachar os sucos... Pero o traballo no campo sempre ten unha moi boa recompensa: menuda colleita!
Había cabazas, millo, xirasois, tomates, cenorias, sandías...
Xa temos ingredientes para cociñar a semana próxima. Imos facer unha crema de cabaza e cenoria que seguro está deliciosa. Xa vos iremos contando!
 |
Nadia e Diego recollendo os tomates |
 |
Brais, Zequi e Ruth quitando malas herbas |
 |
Daniela e Aaron quitando malas herbas |
 |
Aaron e Iker recollendo as cenorias |
 |
Traballo en equipo para un mellor coidado do horto |
 |
Iria regando os xirasois |
 |
Cenorias e tomates do noso horto |
 |
Cabaza e sandía do noso horto |
No hay comentarios:
Publicar un comentario