Hoxe visitounos Manuel Varela, un empregado do punto limpo de Gondomar, co obxectivo de recordarnos como facer a separación de residuos.
Primeiro falounos dos tres R, tan importantes para coidar o planeta: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Os nenos e as nenas son moi importantes nom undo da reciclaxe!
|  | 
| Cousas que podemos facer todas nas nosas casas | 
Logo, deixounos ben clariño o que si e o que non se pode botar en cada colector. Por exemplo... sabíades que non podemos tirar un vaso roto no iglú verde clariño? Resulta que non é vidro, é cristal!
|  | 
| Para que o teñades clariño! | 
|  | 
| Todos atentos ás explicaciones de Manuel | 
Finalmente, falounos de todo o que recollen no punto limpo: xogetes, electrodomésticos, mobles...
|  | 
| Por se tedes que lev ar algo... hai vai o horario do punto limpo! | 
Ademais, traballamos sobre todo o que podemos botar no composteiro que temos no horto. Agora estamos a elaborar uns cartaces para un bo uso dos mesmo... Pronto volos ensinamos!