Menuda noticia que recibimos! Déronnos un premio!
O domingo, cando os profes e as familias foron mercar o periódico... Sorpresa! Enterámonos de que nos deran un premio ao mellor proxecto da provincia.
Estamos encantados co recoñecemento, pois sabemos o moito que traballamos. Iremos recollelo o día 6 de xuño á Coruña... e estades convidados a vir con nós!
Aquí vos deixamos a nova, na que aparecen tamén o outros tres premios provinciais, o premio infantil e o premio Galicia. Noraboa tamén a todos eles!
Ao premer nela podedes accerder á nova na Web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario