Como estivemos dez días de vacacións, ao voltar hoxe ao cole fomos botar un vistazo ao noso horto e... canto traballo por facer!
Alí estivemos a maior parte da mañá limpando as malas herbas, preparando os regos, regando, trasplantando algúns sementeiros...
Mirade todas as labores que fixemos:
 |
| Alumnos de 4º traballando no horto |
 |
| Eva e gabriel preparan o rego dos chícharos |
 |
| Tania e Noa botando a herba recollida no composteiro |
 |
| Telmo e Ana trasplantando as leitugas do sementeiro ao suco |
 |
| Yeneba e Paula regando os chícharos |
 |
| Nair, Anais e Diego limpando o terreo de malas herbas |
 |
| Eva e Ana preparando as cañas para espantar aos paxaros e protexer os amorodos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario