Queremos compartir con vós esta actividade tan bonita e enriquecedora que fixemos na aula de 4º.
Levamos traballando no horto do cole dende o mes de outubro, época na que plantamos brócoli (entre outras cousas).
Dende entón, os alumnos e alumnas adicaron moito tempo e esforzo a coidalo e protexelo dos bichiños da horta e a estudiar o seu ciclo de cultivo e as súas propiedades nutricionais.
Ao longo deste tempo foron moitas as aprendizaxes e as competencias traballadas: responsabilidade, traballo en equipo, autonomía, paciencia, épocas de cultivo do brócoli, plagas que poden afectalo, ciclo da planta (quedaron abraiados co nacemento da flor, que é o que comemos), necesidades e coidados, propiedades nutricionais...
O broche final non podía ser outro que levar o producto á cociña e degustalo xuntos, e así o fixemos.
Hoxe fomos coller os brócolis do horto e fomos a aula de cociña para preparar unhas deliciosas quiches de brócoli e avellanas.
Durante o proceso de elaboración divertímonos moito, pero tamén aprendemos matemáticas (cos pesos e medidas dos ingredientes), lingua (escribindo a receita para levar a casa), coñecemento do medio (repasando os nutrientes que nos aporta cada ingrediente)...
Como vedes, foi unha actividade ben completa! Premede na imaxe para ver o vídeo :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario