martes, 2 de diciembre de 2014

APRENDENCO CON JOSÉ E ÁLVARO, DE SEPRONA

Hoxe tivemos no cole a dous membros do SEPRONA (SErvicio PROtección NAtureza), José e Álvaro, para falarnos do traballo que fan. Esta visita foi posible grazas a un acordo de colaboración entre o Programa Voz Natura e este corpo da Guardia Civil.

Repartimos a mañana en tres sesións, para que todos os alumnos do Centro puidesen coñecer de primeira man o que tiñan que contarnos:





- Cos máis pequenos, Educación Infantil, comezaron cunha brevísima charla sobre o que fan para protexer a natureza e, a continuación, traballaron situacións de incendio a partir dunha banda deseñada.








Despois, por grupos, baixaron a ver o coche patrulla. Deixáronlles subir nel e facer soar a serea. 
Finalmente, amosáronlles as súas ferramentas de traballo diarias: esposas, luvas para recoller animais...



- De 1º a 3º de educación Primaria tamén fixeron a charla e traballaron a partir da banda deseñada, pero a segunda parte da sesión dedicárona a facer xogos para poñer a proba o que os alumnos aprenderan: sopas de letras, concursos de preguntas...






- De 4º a 6º de educación Primaria, despois de escoitar a través dunha presentación e de varios vídeos o traballo que fan nos diversos campos nos que actúan (incendios forestais, proteción da fauna, vixilancia de costas, ordenación do territorio...) abriuse unha ronda de preguntas que se alargou durante case unha hora.


Ao rematar, a aula de 5 anos agasallou aos dous axentes cunha postal moi especial feita por eles.


Eles quedaron moi con tentos e nós... encantados!



No hay comentarios:

Publicar un comentario