viernes, 13 de noviembre de 2015

XA TEMOS O NOSO PRIMEIRO XARDÍN INTERIOR!

Foi a coidadora do cole quen encheu de vida unha das esquinas do centro, xusto ao lado da secretaría.
Empregou uns bufos realizados en cursos anteriores polos alumnos na aula de inglés (porque a ela gústalle aproveitar todo) e elixiu unhas plantas cheas de cor de vida.
A verdade que quedou xenial. Esta chica é toda unha artista!

jueves, 12 de noviembre de 2015

SEMENTANDO CHÍCHAROS






Os nenos e neas de 3º fomos hoxe ao noso horto para sementar chícharos.
Estas son as sementes.









Primeiro fixemos un suco ben dereitiño, empregando os sachos e as aixadas... non é nada doado!


Logo, un a un, fomos sementando os chícharos. Só hai que enterralos cun dediño, botar un pouco de terra enriba e regar.




Agora toca agardar a que medren!


martes, 3 de noviembre de 2015

CHEGA O SAMAÍN

O 29 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. 
Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA, que estiveron decorando os pasillos do noso Centro e un laboratorio moi TERRORÍFICO!!!!


Aquí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.

lunes, 26 de octubre de 2015

PREPARANDO O TERREO

Xa é tempo de preparar o terreo para os cultivos de inverno.
Estes días estivemos a recoller os froitos que aínda quedaban no horto (cabazas, millo, gladiolos...) e agora toca limpar, botar o compost feito ao longo do verán e fresar.

Ben sabedes que os peques no poden facer todo eles soíños, así que precisamos a axuda de Marcos, o noso bedel, e Antonio, un veciño da parroquia que non se olvida de nós.
Aquí vos deixamos o paso a paso:

1º - Limpar: quitamos todas as plantas e recollimos algunhas pedras.



2º Botar os restos de plantas no comporteiro.



3º Desbrozar e botar o compost: para isto precisamos a axuda de marcos. Tamén quitamos a Zander do medio do horto, para que Antonio traballe mellor.



4º Fresar: o encargado de facelo foi Antonio.



Agora xa temos o terro listo para comezar a sementar os productos do inverno!


viernes, 16 de octubre de 2015

ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 4 anos, coa axuda de Rubén (o papá de Pedro) e de varias profes, estiveron facendo esta mañá un espantallo precioso para poñer no noso horto. 
Chámase Zander, nome que escolleron entre todos por sistema democrático de votación :)

Para facelo empregaron paus, palla, roupa vella, un sombreiro de palla e tornillos (que puxo o papá de Pedro, porque iso só poden facelo os maiores).

Aquí tedes o resultado... Maravilloso!





martes, 13 de octubre de 2015

TEMOS UN NOVO ESPANTALLO

Os nenos de 4 anos estaban traballando o corpo e tiveron unha super idea: elaborar un gran espantallo para o horto.
Coa axuda da súa titora e do papá de Pedro estiveron montándoo. Aquí vos deixamos o proceso. Pasárono xenial!! 


!

miércoles, 30 de septiembre de 2015

LIMPANDO AS FRESAS

Hoxe os nenos e nenas de 3º fomos traballar ao noso horto. Aproveitamos que non facía moito sol para limpar o terreo e deixar as fresas listas para o outono.
Deunos moito traballo, pero en equipo todo é posible!

Podando as fresas

Sachando os sucos

Limpando o terreo de malas herbas

Sacando pedras para ter a terra máis limpa

Un grupo de traballo moi eficaz!