domingo, 30 de noviembre de 2014

CONCURSO BLOG NATURA

O mes de novembro rematou e, con el, o prazo para poder participar no concurso de debuxo. Aquí vos deixamos os participantes de "O meu horto ideal"

Xa é o momento de votar o noso gañador!

jueves, 27 de noviembre de 2014

A SEÑORA NIEVES SABE MOITO SOBRE XABÓNS

Esta semana, a bisavoa de Aitor fíxonos unha visita. Agasallounos con valiosa información sobre a elaboración de xabóns, tema que nós estamos a traballar no noso proxecto de investigación.

Nieves fai xabñons con aloe vera, con fresas e... tamén con chocolate! Cheiran de marabilla!

Premede na imaxe se queredes ver o vídeo coas fotos desta fantástica experiencia!





miércoles, 26 de noviembre de 2014

SAÍDA A UN CENTRO DE XARDINERÍA

Os alumnos/as de 1º e 2º visitaron un centro de xardinería na Ramallosa.
Fixeron un percorrido polos diferentes espazos do centro: plantas de interior, de exterior, hortalizas, culinarias, acuáticas... As que máis lles chamaron a atención foron as... plantas carnívoras!
Disfrutaron moito desta saída e das explicacións de Patricia e Teresa, co seu afán de facerlle agradable a visita aos nenos.
Rematou cun agasallo para cada un: bulbos de tulipán para plantar, coidar e agardar a que florezan na primavera.

lunes, 24 de noviembre de 2014

A FOLLA SECA, UNHA HISTORIA SOBRE O OUTONO

Hoxe, Desi de 6º, coa colaboración de Claudia, contoulle aos nenos do 1º e 2º ciclo o conto A folla seca.
Trata da historia dunha folla, Amara, que coa chegada do outono non quería deixarse caer da pola da árbore.
Fantástica Desi, o "atrezzo" que preparou e a proposta de decorar follas para colocar nun recuncho da biblioteca.

jueves, 20 de noviembre de 2014

APRENDENDO A RECICLAR CON SOGAMA

Hoxe, durante case toda a mañá, tivemos no cole a Juan e Jorge, dous traballadores de SOGAMA ( SOciedade Galega do Medio Ambiente) para traballar con nós sobre a importancia da reciclaxe e para amosarnos o xeito de facelo correctamente.

Fixeron catro sesións cos alumnos (3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria), que tiñan como obxetivo concienciar da importancia de reciclar o lixo nas nosas casas.

As actividades desta campaña, chamada Separemos ben, reciclemos mellor, foron atractivas e variadas:

- Para comezar, contáronnos que é reciclar e déronnos uns folletos para poder acudir a eles no caso de  ter dúbidas á hora de botar o lixo nun colector ou noutro.

Nos folletos temos toda a información que precisamos


- Despois, xogamos a identificar o lixo que estaba ben ou mal colocado nuns colectores que eles trouxeron. Aprendemos que as bandeixas do peixe ou da carne van no colector amarelo ou que as bombillas hay que levalas ao sitio no que as mercamos.

Todos queríamos responder ás preguntas!

- A continuación, explicáronnos a través dunha presentación e dalgún vídeo que é a reciclaxe, canto lixo produce unha soa persoa ao cabo do ano e os problemas de contaminación que pode causar o lixo non reciclado.
Faláronnos das pilas, dos medicamentos, do aceite, do punto limpo... Nesta ligazón podedes atopar toda a información que precisades sobre a reciclaxe:


Déronnos datos moi interesantes!

- Finalmente, xogamos por equipos a tirar lixo nos colectores axeitados. Tiñamos que chegar a 1o puntos para gañar!

Sabíades que o papel de aluminio vai no colector amarelo?

Para rematar a sesión, entregáronnos un agasallo a cada un de nós: unha bolsiña cargada de información.
E para o cole, como saben que estamos a traballar nun horto ecolóxico, deixáronnos este manual para aprender a facer compost. Premeda na imaxe e iredes á páxina para descargalo!



Aquí vos deixamos tamén o resumo da sesión por un alumno de 6º curso:

Mauro explica con claridade todo o que aprendeu

miércoles, 19 de noviembre de 2014

COIDANDO E PROTEXENDO O NOSO HORTO

Hoxe, os alumnos de 4º baixamos ao horto para botar un pouquiño de cinza ao redor das plantas, pois oa caracois, as babosas e as formigas estaban acabando con elas! Ademais, así as protexemos de posibles fungos e nutrimos o chan (pois a cinza é rica en potasio).

Puxemos moito coidado en facelo ben, como a profe nos explicou. 
Agora só queda saber se é eficaz!

domingo, 16 de noviembre de 2014

O HORTO COMO RECURSO ESCOLAR

Atopamos esta valiosa información no blog maestro de Voxz Natura hai uns días e non queremos deixar de compartila con vós.
Para todos aqueles que estean interesados no horto escolar como recurso didáctico para o aprendizaxe, aquí tedes. Premeda na imaxe para lelo: