viernes, 11 de marzo de 2016

UNHA MAÑÁ NO HORTO

Os alumnos de 3º foron traballar ao horto boa parte da mañá.
Nestes textos contan eles mesmos todo o que fixeron... Non perdades detalle! Son super traballadores!



Brais A., Iker e Nico


Aquí tedes unhas cuantas fotos de todo este traballo! Quedamos esgotados!




Que cansancio e... que calor!

lunes, 7 de marzo de 2016

ABONANDO O HORTO

Hoxe, os alumnos de 3º traballaron moi duro no horto: estiveron repartirndo o abono de cabalo por todo o invernadoiro. Que cheiro! :)

Un gran traballo en equipo que pronto verá os seus froitos! Nótase que estes nenos botan unha man na casa cando hai que facer as tarefas do campo! Que estilo coa pa!








Aproveitamos a ocasión para afianzar as botellas que serven de invernadoiro estes días de frío ás xudías dos máis pequenos.



lunes, 29 de febrero de 2016

INVERNADOIRO DE PREMIO!

Xa está listo o noso invernadoiro, no que invertimos parte do premio Voz Natura que gañamos o curso pasado. Temos case 35 m2 a cuberto para os nosos cultivos!
Agora nos toca preparar a terra con abono de cabalo e agardar a que medren un pouquiño máis os sementeiros para comezar a transplantar as berenxenas, os pementos, os tomates, os pepinos, as leitugas...



Tamén arranxamos o noso cuarto de apeiros, no que gardamos os sachos, os anciños, as pas, os capachos, as aixadas... Quedou bonito por fóra e moi organizado por dentro. O noso conserxe axudounos un montón!


Se alguén se anima, pode vir botarnos unha man cando queira!

OBRADOIRO DE DECORACIÓN

Os alumnos de Infantil, comezaron esta semana a preparar os elementos do seu xardín interior. Para realizar a actividade plantexáronse uns obradoiros nos que: 
- Xogaron coa arte 
- Decoraron materiais de refugallo e tarros 
- Experimentaron coas hortalizas

Aquí vos deixamos un video do seu traballo:


martes, 16 de febrero de 2016

LIMPANDO A PRAIA DE PATOS

Menudo equipazo!


Hoxe, os alumnos de 3º e 4º aproveitamos unha visita á Residencia de Tempo Libre de Patos para achegarnos á praia de Patos (Nigrán) e limpala. 
Adicamos case unha hora a facer a batida e recollimos moitísimo lixo que o temporal destes días arrastrou á costa. Enchemos seis bolsas!
Ademais de gozar do sol deste día radiante e pasalo ben traballando en equipo, gustounos colaborar no mantemento das nosas praias, pois son as máis fermosas do mundo!






Gracias chicos pola vosa colaboración!

lunes, 15 de febrero de 2016

SEMENTANDO... CON JUAN

Estes días tivemos unha visita moi especial no cole. Veu un ex-porfe moi querido por todos a facer con nós os sementeiros que imos plantar no noso novo invernadoiro e, de paso, a lembrar vellos tempos. Chámase Juan.


Trouxo as súas propias sementes de tomate, cabaza, pemento, xudías... porque el ten un pequeno horto e gusta moito de coidalo. Como ben di: "As cousiñas da casa saben moito mellor".


Nós mercamos as sementes do resto de plantas, para ter un pouco de todo no noso horto: leituga, pepino, berenxena e calabacín.



Todos nós tiñamos preparados vasiños de iogur cun buraco no fondo e terra.
El pasou por todas as aulas, dende os grandes ata os pequenos, indicándonos e axudandonos a sementar cada variedade e dándonos consellos sobre como regalas ata que as transplantemos.
"El chico de las semillas", como lle puxeron os máis pequenos, fixo un traballo excelente e... démoslle un pequeno agasallo para agradecerllo!


Que guapo vai estar coa súa nova camiseta!



viernes, 8 de enero de 2016

SANSEVIERA

En 2º , xa antes das vacacións de Nadal, empezamos a darlle forma ao noso proxecto "Enchendo de vida o cole".
O primeiro que fixemos foi escoller as plantas de interior para decorar os espazos que nos foron asinados.
Decantámonos pola "Sanseviera" ou "Lingua de tigre", por que ?

  • É unha planta resistente que non precisa moitos cuidados.
  • As súas follas erguidas lucen moito nos espazos interiores.
  • Pode vivir en espazos pouco luminosos.
  • Require pouco rego.
  • Existen variedades de Sansevieras con follas de tonalidades e formas diferentes que podemos escoller para o noso proxecto.

E a volta das vacacións, así foi como as atopamos. Vaia se son resistentes !