jueves, 6 de junio de 2024

PROXECTO APICULTURA E MEDIO AMBIENTE

     Hoxe visualizamos en vivo e en directo a vida das abellas dentro dunha colmea grazas aos pais de Anxo e Diego de primeiro curso. Amosáronnos os utensilios que empregan para limpar a colmea, retirar o mel e cuidar das abellas. Resultou moi interesante!

Moitas grazas por compartir con nós esta información sobre as abellas! Unha aperta!


miércoles, 5 de junio de 2024

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

  Hoxe celebramos o Día do Medio Ambiente plantando na horta e limpando de herbas o caracol de aromáticas. Ao final regamos ben a terra e recollemos restos de plástico que había entre a maleza.

Sempre estaremos dispostos a axudar e a protexer a natureza!