Estamos vixiando os cultivos que temos no horto. Regamos no invernadoiro e tamén as plantas que están en tarros no exterior. É moi agradable ver como medran os legumes!
miércoles, 23 de abril de 2025
OS LEGUMES MEDRAN
jueves, 10 de abril de 2025
TAREFAS DO HORTO
Seguimos cos traballos e coidados da horta, regar, retirar as herbas invasoras, revisar as plantiñas, vixiar as aromáticas ... e estamos a ver como medran e se poñen máis lindas.
Tamén coidamos das froiteiras e ornamentais que se atopan no exterior e regamos a terra para que poidan medrar e dar froitos.
Temos que regar e arrincar as herbas invasoras!
martes, 25 de marzo de 2025
HORTALIZAS E HERBAS AROMÁTICAS
Xa iniciamos as tarefas no horto. Plantamos varios tipos de hortalizas no invernadoiro: pementos, tomates, leitugas, kale, brócoli ... arrincamos as malas herbas nos bancais do interior e algunhas no exterior. Tamén imos plantar aromáticas e ornamentais. Despois de preparar o terreo plantamos as hortalizas, regamos e recollemos as ferramentas de traballo.
jueves, 6 de junio de 2024
PROXECTO APICULTURA E MEDIO AMBIENTE
Hoxe visualizamos en vivo e en directo a vida das abellas dentro dunha colmea grazas aos pais de Anxo e Diego de primeiro curso. Amosáronnos os utensilios que empregan para limpar a colmea, retirar o mel e cuidar das abellas. Resultou moi interesante!
miércoles, 5 de junio de 2024
5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe celebramos o Día do Medio Ambiente plantando na horta e limpando de herbas o caracol de aromáticas. Ao final regamos ben a terra e recollemos restos de plástico que había entre a maleza.
miércoles, 7 de febrero de 2024
PROXECTO REVITALIZA
O venres estivemos a investigar que bechos viven na terra da horta e nos restos da composteira. A simple vista parece que non están pero se oabsevamos con coidado podemos ver moitos seres que viven transformando os restos vexetais e alimentarios en compost para a nosa horta. Con axuda das lupas e dos microscopios puidemos visualizar moitas características destes seres vivos
Antón, o monitor do Programa Revitaliza, amosounos moitos dos bechos que viven na terra e falounos da importancia que ten a actividade que realizan.
lunes, 19 de junio de 2023
Roliños de primavera
Hoxe baixamos á horta e recoller a colleita de leitugas e preparamos uns roliños de primavera. A receita é moi sinxela, só temos que lavar ben as follas das leitugas e logo engadimos o queixo e o xamón ou pavo. Estaban moi ricos!